De novo máis parabéns para a nosa xente, neste caso traemos a esta sección a Rubén Varela Fernández que vén de ser distinguido cun accésit pola Real Academia de Farmacia de Galicia polo seu labor investigador na categoría de menores de 35 anos.
Canto ao seu traballo de investigación sobre o Tratamento farmacolóxico do queratocono, a USC achéganos na súa páxina web a resolución de tal distinción:
O
accésit de excelencia que, no marco deste mesmo galardón, serviu para
distinguir a Rubén Varela Fernández, recoñece unha investigación
interdisciplinaria para o tratamento farmacolóxico do queratocono —deformidade crónica da córnea—, como alternativa aos actuais métodos clínicos invasivos. O traballo publicouse o ano pasado na revista ACS Applied Interfaces and Materials.
Varela Fernández pertence ao Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e
Tecnoloxía Farmacéutica da USC, así como ao grupo interdisciplinario en
Tecnoloxía Farmacéutica, Inmunobioloxía parasitaria e Parasitose
Hídricas (PARAQUASIL) e á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria
de Santiago de Compostela (FIDIS).
O noso Rubén Varela Fernández, a foto é de 2º de Bac. do curso 2011-2012 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario