25 febreiro, 2022

Entroido 2022

Despois de dous anos xa de máscaras cirúrxicas, nestes días foron outras máscaras, as do Entroido, as que fixeron acto de presenza no instituto: vimos antefaces deseñados e elaborados polo alumnado da ESO, e caretas ideadas polo do Bacharelato, baixo a coordinación do Departamento de Artes Plásticas.

E por fin puidemos celebrar o Entroido, aínda con coidado, pero xa con alegría entre os rapaces, que se foron animando ao longo da semana, facendo caso dos mandados do Meco. Hoxe o circo dominaba, pero vimos todo tipo de personaxes, e aquí vos deixamos unha pequena mostra:
























Ningún comentario: