Ao fío do concerto que
as bandas infantil e xuvenil da Escola da Banda de Lalín van celebrar o
vindeiro sábado 26 no Auditorio de Lalín, traemos hoxe á sección Coa nosa xente a Laura Fernández
Puga e Javier Carballude Iturburua,
directora e director respectivamente da Banda infantil e Banda xuvenil da Escola da Banda de
Lalín.
Moitos parabéns
polo progreso persoal e o labor profesional que estades a desenvolver cos máis
novos, formando a inesgotábel canteira de músicos de Deza. Un labor sobre o que
Laura, en declaracións a Faro
de Vigo, reflexiona, afirmando que “desde pequeno nótase que neno ten
futuro musical”. Por parte, Javier, en declaracións a La Voz de Galicia, manifesta que "o interese pola música pode xurdir dun concerto didáctico".
A seguir a nosa Laura e o noso Javier no seu paso polo Bacharelato:
Ningún comentario:
Publicar un comentario