O artista lalinense Antón Iglesias Fernández reuniuse co alumnado do Bacharelato de Artes na aula taller do noso instituto. No decurso da charla os alumnos e as alumnas realizaron unha serie de apuntamentos sobre a relación do artista coa pintura ao longo dos seus máis de corenta anos de traballo.
Aquí vos deixamos algunhas das súas opinións e algúns dos seus debuxos, así como fotos do encontro.
Francisco Otero, profesor do Dpto. de Artes Plásticas
"O que máis me gustou da charla foi o
interese que transmitía ao contarnos a súa vida e a súa traxectoria
artística."
Alazne Solís, 1º Bac. B
"A charla foi moi interesante porque traballa
empregando diferentes técnicas: colaxes (mesmo empregou nalgún momento os
apuntamentos da súa filla), pinturas ao óleo e acrílico. Os seus debuxos
evolucionaron co paso do tempo e participou en moitos concursos e
exposicións."
Carmen Donsión, 1º Bac. B
"O que máis me gustou foi que trouxo as obras
que fixo e que as explicou moi ben."
Paula Méndez, 1º Bac. B
Ningún comentario:
Publicar un comentario