11 marzo, 2022

A Gran Guerra : As cartas da esperanza


Desde o xoves 10, podemos ver no vestíbulo do instituto a exposición A Gran Guerra : As cartas da esperanza, actividade desenvolvida polo alumnado de 4º da ESO coordinado pola profesora Alba Payo que nos presenta dita exposición nos seguintes termos:
  
En tempos de guerra nós seguimos estudando historia e nesa historia outras guerras, e de guerras a primeira total; a Gran Guerra como a coñecían os do seu tempo. Unha guerra que como as de agora trouxo a morte pero tamén a esperanza en forma de carta.  
Aqueles soldados na lama das trincheiras abrazaban as letras que os unían ao seu fogar, a unha nai, a unha filla, a unha muller. 
O alumnado púxose na pel destes soldados e escribiu esas cartas nas que transmitiron os sentimentos na fronte de batalla, o medo, a saudade, a morriña, o compañeirismo, o odio, a desilusión, a perda de esperanza…
 
A seguir unha mostra gráfica da exposición:









Ao fío da exposición, unha recomendación, A Marela Tarabela BD: A gran guerra, unha guía en banda deseñada sobre a I Guerra Mundial, que a Biblioteca elaborou no seu momento co gallo do centenario da sinatura do armisticio que puña fin á contenda.


Ningún comentario: