23 marzo, 2022

Concurso Integra

O Departamento de Informática organiza un ano máis o "Concurso Integra", e xa van catro edicións nas que, aplicando os principios do traballo cooperativo, cada equipo, formado por alumnos e alumnas dos distintos ciclos, deberá ser quen de superar os sete retos propostos.

Escollemos o xoves 24 de marzo para a celebración da proba xa que coincide co final da segunda avaliación, xusto antes de que este alumnado deixe o centro para incorporarse ás empresas nas que realizarán a súa FCT (Formación en Centros de Traballo).

Coordinación, liderado, compañeirismo, cohesión, solidariedade, intercambio de coñecementos e apoio mutuo serán necesarios para dar conta das sete misións encomendadas, nas que, dun xeito global, deberán aplicar as competencias adquiridas até o momento nos ciclos cursados por cada un deles.

Seguiremos de preto o desenvolvemento do concurso e achegaremos a esta bitácora as impresións dos participantes, así como os mellores momentos da competición.

Luísa Areán Taboada, profesora de FOL




Ningún comentario: