Arcadio López Casanova (Lugo, 5 de marzo de 1942) foi un dos grandes poetas do último terzo do século XX. Membro do coñecido como "Grupo das Festas Minervais" desde Palabra de honor (1967) ata Diario da casa grande (2019) non deixou de publicar, basicamente poesía, pero tamén ensaio e teatro.
Tal e como recolle hoxe mesmo a Real Academia Galega na súa páxina "Como creador, deixa libros como Mesteres (1976), obra fundamental na renovación da poesía do seu tempo na que mantén a cerna do seu universo poético: a vivencia e a representación do desposuimento e do exilio nadas cando, por circunstancias profesionais, deixou Galicia para se instalar á beira do Mediterráneo, onde nunca deixou de cultivar a lingua galega como poeta e como investigador do feito literario".
Descanse en paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario