O xoves, o meu alumnado de 1º do Bacharelato, Luis Guitián e eu visitamos o CiQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares do Campus Vida da USC. Alí tivemos a oportunidade de coñecer algunhas liñas de investigación que desenvolven neste centro punteiro a nivel internacional, así como ver algúns dos seus laboratorios, observar células ao microscopio de fluorescencia, comprobar de primeira man técnicas de cromatografía e de resonancia magnética nuclear para coñecer os átomos que compoñen as moléculas, e, por suposto, desfrutar dunhas demostracións experimentais.
Na galería de imaxes podedes ver unha pequena mostra da actividade no recinto do CiQUS, así como a foto de familia na Ferradura da Alameda de Santiago.
Natalia Fernández, Profesora de Bioloxía
Ningún comentario:
Publicar un comentario