"Se a Manuel García Barros lle permitisen opinar sobre as condicións leoninas do contrato que asinou coa vida para que lle concedese a existencia, seguramente tivera que facer algunhas obxeccións relativas á situación na que tería que desenvolver a súa vocación literaria. Pero as cláusulas eran innegociables e, de querer nacer, debía facelo no seo dunha modesta familia labrega do lugar de Ulla, na parroquia estradense de Berres, un 16 de novembro de 1876". Collemos prestadas estas palabras de Xoán Carlos Garrido Couceiro, grande estudoso da vida de García Barros, para facer referencia ao seu nacemento e á súa vocación literaria.
Só uns anos máis vello ca os homes do Grupo Nós, vivirá as mesmas circunstancias traumáticas ca estes e tocaralle sufrir nas súas carnes o despoxo da súa praza de mestre e ir á cadea en varias ocasións.
Xornalista (El Estradense, El emigrado), mestre, labrego e narrador. Contiños da Terra e As aventuras de Alberte Quiñoi ben merecían un Día das Letras Galegas. Desde aquí reivindicamos a figura de Ken Keirades, como el se facía chamar, ben merecedor desa honra.
11 abril, 2022
11 de abril de 1972. Medio século sen Ken Keirades.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario