En Noruega é unha tradición da Semana
Santa que as casas e as rúas se enchan
de narcisos e outras flores amarelas para celebrar a chegada da primavera, así como ir descansar uns días nas cabanas e comer chocolate. Pero hai outra
tradición que nos chamou moito a atención, o Paskekrim, é dicir a lectura de novela negra, de detectives, de
suspense e mesmo de terror.
Todo empezou cando na Pascua de 1923
Harald Grieg, da Editorial Gyldendal, publicou, nun dos xornais de maior tiraxe
daquela altura, o seguinte anuncio “Tren de Bergen saqueado durante a noite”. A intención era dar publicidade a unha novela
policial, pero coma no caso do programa radiofónico baseado en A guerra dos
mundos de H. G. Wells, moita xente pensou que o asalto ao tren era real. E
a partir de aquí a lectura de novela negra na Semana Santa xa é un clásico
entre os noruegueses.
Deixámosvos aquí unha pequena mostra da literatura galega deste xénero, pero se vos achegades á Biblioteca Mario Pereira poderedes atopar moito máis.
Que gocedes da lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario