16 febreiro, 2016

Astro_poemas (1) : Estibaliz Espinosa


novas



Na noite os homes de ciencia veno todo claro

todo nidio.
A transparencia.
Codifican milagres nos seus Catálogos Celestes.
Van a lombos dun Cometa anotando fisións.
Rexistran a cor das Novas para todos nós
que vivimos con ben pouco brillo
e sen máis magnitude que o desexo de ser.
E no tempo dos mísiles na noite
das pirotécnicas batallas nouturnias.
No tempo de acender chisqueiros para morrer...

envíannos cara unha estrela.

Talvez queiran
nascernos a todos
SuperNovamente.

"Autorretrato". Fonte AELG.

Xa tivemos aquí a Estibaliz Espinosa pola súa querenza ao emprego de termos e conceptos científicos nos seus poemas. Daquela xa mencionabamos o seu primeiro libro, Mecánica zeleste, e a presencia da astronomia nel. Cun seu texto iniciamos esta serie de poemas dedicados a D. Ramón Aller no seu 50º cabodano.

Ningún comentario: