05 febreiro, 2016

Astro_pintura [1] : Santo Agostiño no estudio (1480)




Santo Agostiño aparece aquí rodeado de libros e instrumentos de medición, incluída unha esfera armilar. A esfera armilar ou astrolabio esférico é un modelo da esfera celeste que representa o sistema tolemaico. Era empregado para amosar elementos da mecánica celeste como o movemento aparente das estrelas arredor da terra ou o sol.

SANT'AGOSTINO NELLO STUDIO (1480): Botticelli, Sandro. Igrexa de Ognissanti, Florencia.

[Fonte da imaxe]

(Máis representacións da esfera armilar na arte)  

Ningún comentario: