Os Φαινόμενα (Fenómenos) de Arato (310 - 240 a. C.) representan o cume da poesía didáctico-astronómica. O poema describe en 1154 hexámetros o Alto Firmamento e as constelacións, combinando erudición e coñecemento astronómico.
Fonte. Recomendamos visitala. Agradable sorpresa. |
O seguinte fragmento corresponde a Pegaso.
- Ἀλλ' ἄρα οἱ
καὶ κρατὶ πέλωρ ἐπελήλαται Ἵππος
γαστέρι νειαίρῃ· ξυνὸς δ' ἐπιλάμπεται ἀστὴρ
τοῦ μὲν ἐπ' ὀμφαλίῳ, τῆς δ' ἐσχατόωντι καρήνῳ.
Οἱ δ' ἄρ ἔτι τρεῖς ἄλλοι ἐπὶ πλευράς τε καὶ ὤμους
Ἵππου δεικανόωσι διασταδὸν ἶσα πέλεθρα, -
- καλοὶ καὶ
μεγάλοι· κεφαλὴ δέ οἱ οὐδὲν ὁμοίη,
οὐδ' αὐχὴν δολιχός περ ἐών· ἀτὰρ ἔσχατος ἀστὴρ
αἰθομένης γένυος καί κεν προτέροις ἐρίσειεν
τέτρασιν οἵ μιν ἔχουσι περίσκεπτοι μάλ' ἐόντες.
Οὐδ' ὅ γε τετράπος ἐστίν· ἀπ' ὀμφαλίοιο γὰρ ἄκρου -
- μεσσόθεν ἡμιτελὴς
περιτέλλεται ἱερὸς Ἵππος.
Κεῖνον δὴ καί φασι καθ' ὑψηλοῦ Ἑλικῶνος
καλὸν ὕδωρ ἀγαγεῖν εὐαλδέος Ἱππουκρήνης.
Οὐ γάρ πω Ἑλικὼν ἄκρος κατελείβετο πηγαῖς·
ἀλλ' Ἵππος μιν ἔτυψε· τὸ δ' ἀθρόον αὐτόθεν ὕδωρ -
- ἐξέχυτο πληγῇ
προτέρου ποδός· οἱ δὲ νομῆες
πρῶτοι κεῖνο ποτὸν διεφήμισαν Ἱππουκρήνην.
Ἀλλὰ τὸ μὲν πέτρης ἀπολείβεται, οὐδέ ποτ' αὐτὸ
Θεσπιέων ἀνδρῶν ἑκὰς ὄψεαι· αὐτὰρ ὁ Ἵππος
ἐν Διὸς εἰλεῖται, καί τοι πάρα θηήσασθαι.
Pero despois desta esténdese como un prodixio co baixo ventre sobre a cabeza [de Andrómeda] o Cabalo; unha estrela compartida resplandece sobre o embigo deste e no extremo da cabeza daquela. Outras tres, sobre os costados e os hombros do Cabalo saúdan equidistantes, son fermosas e grandes; a cabeza de ningún xeito é semellante nin o pescozo por longo que sexa; pero a derradeira estrela da súa queixada refulxente tamén podería rivalizar coas catro primeiras, que o circunscriben ao seren moi visibles. Pero non ten as catro patas, pois o sagrado Cabalo xorde incompleto polo medio na zona do embigo. Contan que aquel fixo baixar do elevado Helicón a pura auga da nutricia Hipocrene. Pois o cumio do Helicón aínda non deixaba caer auga nas fontes. Pero o Cabalo golpeouna e dalí brotou abundante auga co golpe da súa pata dianteira. Os pastores foron os primeiros en chamaren Hipocrene a esta auga potable. E esta gotea pinga a pinga da rocha, e nunca a verás lonxe dos tespieos. Con todo, o Cabalo revólvese na casa de Zeus e ti podes contemplalo.
Versión latina de Xermánico:
Andromedae capiti Sonipes supereminet ales.
Vertice et Andromedae radiat quae stella, sub ipsa
Aluo fulget Equi; tres armos et latera aequis
Distinguunt spatiis. Capiti tristissima forma,
Et ceruix sine honore obscuro lumine sordet.
Spumante mandit sed qua ferus ore lupata
Et capite et longa ceruice insignior exit
Stella nitens, armis laterique simillima magno.
Nec totam ille tamen formam per singula reddit.
Primo praestat equom, medio rupta ordine membraDestituunt uisus, rudis inde adsurgit imago.Gorgonis hic proles. In Pierio Helicone,Vertice cum summo nondum decurreret unda,Musaeos fontis dextri pedis ictibus hausitInde liquor genitus nomen tenet: HippocrenenFontes nomen habent; sed Pegasus aethere summoVelocis agitat pennas et sidere gaudet.
NICÁS MONTOTO, José María Bernardo (2004): Revisión del texto, léxico, traducción y comentario
de “Los fenómenos de Arato” de Germánico. Universidad
Complutense de Madrid. Texto en liña (PDF) (p. 95)
Un Cabalo alado destaca sobre a cabeza de Andrómeda. E a estrela que irradia sobre a cabeza de Andrómeda reloce baixo o propio ventre do Equino; tres estrelas dividen as súas illargas e os seus flancos en partes iguais. O aspecto da súa cabeza é moi escuro e o seu pescozo palidece sen brillo cunha luz pobre. Pero, alí onde, indómito, morde o seu freo con escumante boca, sobresae da súa cabeza e do seu longo pescozo unha estrela brillante, moi semellante ás dos seus ombreiros e o seu dilatado costado. Con todo, non mostra a totalidade da súa forma mediante cada unha das súas estrelas. Ante todo, representa un cabalo, pero a súa aparencia presenta uns membros truncados pola metade da figura, de onde xorde unha imaxe desaliñada. Velaí á prole da Gorgona. No Pierio Helicón, cando no seu cume máis alto non se precipitaba aínda a auga corrente, fixo xurdir as fontes das musas a golpes do seu casco dereito. Por iso, o curso de auga así nacido ten un nome: Hipocrene teñen por nome as fontes; pero Pegaso axita as súas veloces ás no máis alto do éter e gózase da súa constelación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario