Amodiño, amodiño, o panorama vai cambiando e, para comprobar ata que punto o noso catálogo o rexistra, empezamos a remexer nel na procura de heroínas enfrontadas aos estereotipos do medio.
Con elas, iremos facendo entradas (de 8 en 8) por orde alfabética do título do libro, aínda que a primeira é a primeira e queda fóra desa regra.
A nosa Simón comezou a investigar alá polo
1994 (1994! Van alá máis de vinte anos deste pioneira da BD galega!) e non
sabemos dela desde 2009. Seguro que as aventuras e misterios de Simón andan
pola maior parte do centros (Fundación Caixa Galicia enviara algúns exemplares)
esperando que alguén as descubra. A BD galega pía por novas edicións e novos
retos da nosa única e xenial Simón Martel.
Bandette, áxil ladroa de guante branco, está
deseñada para atrapar os novos lectores de cómic. Espertou tantos eloxios da
crítica que nos vemos obrigados a convidala.
Esta Batgirl anticipa a revisión das “súper-heroínas
clásicas” para deixaren de ser simples aditamentos dos súper- heroes, a por de
gañar credibilidade e humanidade. Bo guión, excelente debuxo, e lectura
aquelada para xente nova (aquela que fóra destinatario primeira e que vai sendo
esquecida).
Pois o que diciamos, velaquí como elas xa non
son unha versión “floreiro” doutros heroes. Aínda máis: a feminización do
xénero superheroico trae consigo a normalización doutras causas (etnia,
homosexualidade...). As grandes factorías gringas adáptanse aos novos tempos,
sexa por necesidade, sexa por virtude. E por enriba é divertido!
Historia e ambiente bélico para reconstruír /
reivindicar “As bruxas da noite”, aquelas mulleres soviéticas do 588º Rexemento de Bombardeiros Nocturnos, que aos mandos de auténticas caldeiretas voadoras sementaron o pánico
entre o invasor nazi. Magnífico cómic.
Palabras maiores. Imposible condensar en estas
breves recensións a excelencia do guión e a xenialidade do debuxo. Mulleres
autoras, mulleres protagonistas. Arte maior.
Detective privada, canadense de orixe india e
seropositiva, Carolina Baldwin descríbese na Bedetheque
como "unha personaxe de muller
forte, moderna, irtigamente independente tanto no seu traballo como nos seus
amores, pero ao mesmo tempo tenra e sensíbel"
Nesta obra imprescindible da actual ficción
científica, "las mujeres fuertes, marca de la casa, sostienen el hilo
argumental /.../. Moore deposita la ética, el sacrificio y la capacidad de
redención -de la que carece parte del elenco masculino- en la física Annie Trotter, la fotógrafa Julie Martin y la detective Ivy Raven. Esta letal combinación contra
el aburrimiento y los estereotipos de género viene acompañada de secundarias
carismáticas” en palabras de Elisa G.
McCausland.
Ningún comentario:
Publicar un comentario