DE
ASTRONOOM
(1668): Vermeer, Johannes. Musée du Louvre. París.
Este astrónomo válese para os seus
estudos dun globo de Jocodus Hondius con complexas representacións
de varias constelacións. Na parte superior esquerda pódese apreciar
a Osa Maior; o Dragón e Hércules aparecen no centro e a Lira na
dereita. O manual que emprega o astrónomo foi identificado co libro
“Sobre a Investigación e a Observación das Estrelas” de A.
Metius, unha guía práctica para estudar astronomía e xeografía.
[Fonte da imaxe]
Ningún comentario:
Publicar un comentario