08 marzo, 2016

4 x 8 (BD) para o 8 de marzo (2)

Que vos pareceron as oito primeiras? Aventureiras, superheroínas e detectives..., apetecen ou non? Aí van as oito seguintes: diversidade, variedade e, claro, calidade.


Non o imos dicir mellor que Joaquín Torán  en Fabulantes: “Cuando Tardi se decide al fin a tomar partido por ella (porque inicialmente iba para villana /.../), enamorado de sus trazos y de sus formas hoscas, no sólo le da una ocupación de mujer progresista y emancipada -escritora de libelos que se leen en los bajos fondos- sino que la dota de una volcánica personalidad, de un atrevimiento que roza el escándalo. La convierte en símbolo subversivo-destructivo de esa imagen de simple mujer-objeto, previsible, cándida, desamparada, encarnada en Bècassine, la primera protagonista de la historia del cómic.” A quen non seducirá Adèle despois de cativar o seu propio creador?



Franka mereceu, en xaneiro de 2011, a consideración de "a maior heroína de BD dos Países Baixos". A esta aventureira e detective, tamén lle corresponde o título de ser a primeira en “falar” galego, grazas aos cinco tomos que Xerais publicou en 1990. (Vaia unha subelada de saudade por aquela marabillosa iniciativa... e un pouso, un chisco, amargo: aqueles selectos títulos funcionarían mellor hoxe?)



Martha Washington, nacida negra e pobre, é a protagonista desta descarnada sátira política de anticipación. Poderíase ler hoxe como unha especie de profecía cumprida?



Luci Jenifer Inacio das Neves, Lucifer por mal nome, ladroa de obxectos máxicos, ten que enfrontarse a escuros e terribles poderes. Con ela comezou Emma Ríos a súa conquista de gringolandia. A súa primeira publicación en galego (antes da d’El Patito) foi por capítulos na inesquecible Galimatías.



Canto non se fala das dificultades de conciliación casa/traballo? Pois imaxinádevos a Hulka: ela ten que conciliar a súa condición de superheroína co seu traballo como avogada; de avogada pola súa conta xa que foi despedida do importante bufete no que traballaba (cal sería a razón?). Quen non estea ao tanto da evolución do xénero e diso que se chama “nova onda Marvel”, pode ter unha aterraxe moi agradábel con Hulka.



Sintetízao ben (aquí) Francisco J. Ortiz: "... esta especie de Fantomas femenino creado por Forest está visto desde un prisma surrealista y sicodélico. Y es que Hypocrite /.../es un delirio pop repleto de personajes extravagantes, giros insospechados, situaciones absurdas y una clara voluntad por romper continuamente con la lógica del relato”. Hypocrite, gran novela histérica (sic), segue sendo rompedora e vangardista. A Marela cre que nunca o deixará de ser.



Cóntanos a Marela que se ela fose nova e puidese escoller, escollería ser Isabellae. Filla de samurai e irlandesa, as súas aventuras transitan entre esas dúas tradicións tan ricas e afastadas. Non falta ningún ingrediente do que debe ser un saboroso menú de aventura en estado puro. 



Jessica Jones, antiga superheroína, leva Investigacións Alias, axencia de detectives especializada en superheroes.  JJ presentásenossen caer en prexuízos nin estereotipos, ofrecendo un perfil psicolóxico profundo e contundente, próximo e realista”. A obra encádrase máis na novela negra que non xénero “pixameiro”.

[Continuará...]
No próximo capítulo Julia e sete máis. 

Ningún comentario: