10 marzo, 2016

4 x 8 (BD) para o 8 de marzo (4)

O certo é que case nos apetecería seguir, pero cremos que pode chegar para este primeiro golpe. Ademais temos medio preparado un bonus para mañá.




Neste indispensable clásico de aventuras de esmeradísima ambientación histórica, singularizase a cativadora figura de Isabel de Mamaye. Século XVIII, disputas entre Francia e Inglaterra, a navegación e os piratas, África e América, tráfico de escravos e abolicionismo... e Isa, Isa heroica, Isa sensual, Isa “feminista”, dona de si e do seu mundo.

Non seguimos a orde alfabética, pois esta é a “continuación” da anterior. Traducimos de BD Gest : "1863. A guerra de secesión rompe os Estados Unidos. Os camiños non son seguros, o inimigo está por todas as partes, o dó golpea as familias unhas tras outras. Non obstante, a moza Isabeau Murrait - chamada Zabo - impregnada da cultura sudista da Nova Orleans, vese obrigada a ir cara a Bâton Rouge.
Alá reside unha avoa de noventa e  oito anos que leva o mesmo nome ca ela, pero que viviu moito tempo baixo o pseudónimo de «Isa». Todo separa estas dúas mulleres de carácter, pero aguilloada pola curiosidade, a fogosa Zabo vaise apaixonar polo relato dunha longuísima vida.

E a continuación do gran clásico Las siete vidas del Gavilán? Pois velaquí a está. Ariane de Troïl é a condutora dun novo capítulo desta extraordinaria epopea  que percorre terras de Europa e América. Pluma al viento (o nome indio de Ariane, pois entre eles vai vivir e atopar o amor) de coidada ambientación histórica  e con personaxes reais é outra excelente obra de dous grandes mestres da BD.

Rucka móstranos as redes da espionaxe internacional e a alta política, con realismo e crueza, lonxe da visión glamourosa que o cine de espías nos adoita mostrar. Nunha obra de personaxes rotundos e complexos destaca Tara Chace, xa para sempre unha icona do xénero.

Cedemos a palabra ao noso crítico de cabeceira: "A comedia teen, a ciencia ficción, o costumismo pop, mesmo certo realismo máxico, a serie B... Hernández leva xogando á mestura de xéneros dende as súas primeiras /.../ Non sorprende, xa que logo, que propoña agora este novo xiro /.../ para xogar aos superheroes, /.../. Coma en practicamente toda a súa obra, Hernández mantén o protagonismo coral e feminino.

Estamos ante un dos grandes fitos do cómic no que respecta á construción de muller e dos personaxes femininos. Dinos Silvia Hernando que é unha das obras que crearon escola e que “fueron, además de historias dibujadas, herramientas para el feminismo o la defensa de la normalidad gai”.

Este é unha obra de súperheroes para quen non anda con moita convición nese terreo (e para quen anda tamén). Ultra, Afrodita y Cowgirl son tres super-heroínas que traballan para unha axencia, teñen que estar sindicadas e, sobre todo, teñen que conciliar os seus súper poderes coa súa humanidade non exenta de conflitos.

Catherine Allingham, a persoa máis intelixente do mundo, conduce unha complicada investigación acompañada do seu servizal James e dun tumor cerebral que lle concede medio ano de vida.
Comezabamos esta antoloxía cunha referencia a Gail Simone e rematamos coa súa palabra (tomada do prólogo a esta obra):  Esta historia contén unha parte de persecución, unha parte de detectives, unha parte de ciencia especulativa, unha parte de xénero negro e unha parte de película de colegas /.../ Este catro capítulos son un paraíso do cómic de misterio, con personaxes que asustan e deleitan e entreteñen.” (Trad.)

E a nosa escolma?
[Fin]
 

Ningún comentario: