24 novembro, 2017

Premio para Radiografía dun cigarro, en Galiciencia

Ángela, Andrea e Natalia mostran diplomas

"Radiografía dun cigarro" recibiu o premio á mellor comunicación e presentación oral  en "Galiciencia 2017".

proxecto de investigación foi deselvolvido polo alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de bacharelato, baixo a dirección de  Natalia Fernández. 



Parabéns!

Máis información e fotos sobre o traballo no Toc-toc_A Ciencia.






18 novembro, 2017

BE, territorio das artes: Música

A semana do 20 ao 24 será a música a que nos agasalle coa súa visita.

https://issuu.com/marelatarabela/docs/semana_20da_20m_c3_basica_folleto

Se queres descargar o programa de man, preme na imaxe.

12 novembro, 2017

Encontro con Simone Saibene: Mostra gráfica

A seguir unha mostra gráfica do Encontro con Simone Saibene de alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes.






09 novembro, 2017

V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada

O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa convoca o V Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e  skecht teatral, dirixido ao alumnado de secundaria dos centros dezaos.

Preme no cartel, obra da alumna Julieta Itatí Penas Noce, para ver as bases.
E a seguir o marcapáxinas, traballo da alumna Sofía Gil Madriñán: 
 

05 novembro, 2017

Encontro con Simone Saibene

O mércores 8 de novembro terá lugar un Encontro con Simone Saibene, director de Pelerinaxes, filme baseado na obra de Ramón Otero Pedrayo, co obxectivo de aproximar o alumnado ás figuras e ao ideario dos homes da Xeración Nós e do Seminario de Estudos Galegos; dando a coñecer a viaxe que Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Fernández-Oxea fixeron de Ourense a Santo André de Teixido no ano 1927. Un achegamento lúdico á  Lingua Galega e Literatura, Historia, Xeografía e Arte; e como non ao turismo sostible.



04 novembro, 2017

Día da ciencia en galego: viaxes pola ciencia.


A ONU declarou 2017 Ano Internacional do Turismo Sostible. Foi unha excelente idea adaptalo, entre nós, como 2017 Viaxes pola Ciencia.

IGACIENCIA explícanos as razóns e as propostas:
  • Conmemorar a viaxe do Beagle
  • Conmemorar as viaxes de Domingo Fontán para elaborar a Carta xeométrica.
  • Reivindicar o Camiño de Santiago como modelo de viaxe sostible.
  • Realizar actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX...
  • Implicar a outra materias no Ano internacional.
Actividades sinxelas, eficaces e non careiras que nos propoñen son:
  • Manexar o GPS. Entender o sistema de coordenadas GPS e os sistemas de visualización xeográfica como GoogleMaps ou Openstreetmaps.
  • Experiencias relacionadas coa orientación. Recrear os primeiros compases cunha agulla imantada sobre unha cortiza flotando nun recipiente con auga.
  • Expoñer no centro educativo a serie de carteis sobre Darwin e a Evolución.
  • Parcicipar no concurso de actividades con GPS.
  • Buscar en novacarta.eu as paisaxes e os miradoiros do norte de Galicia que os fan famosos. .