Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

20 xuño, 2016

Toc-toc_A : Motor mendocino

Emma e Xaime

Nesta maqueta buscamos un deseño de máquina rotativa que funcione exclusivamente con enerxía dispoñible no espazo (solar). Debido á baixa densidade desta enerxía, débese optimizar o rendemento e reducir ao máximo os rozamentos. Por este motivo, faise un deseño no que o rotor non apoia sobre rodamentos senón que levita coa axuda de seis imáns permanentes.

A enerxía que fai rodar o motor procede de catro células fotovoltaicas que se conectan ao bobinado do rotor. A partir deste feito, o funcionamento do motor imita ao de calquera motor eléctrico clásico, no que a enerxía eléctrica se leva a un devanado indutor que xera un campo magnético que interactúa á súa vez co campo magnético do estátor e produce un par de forzas que leva á rotación.

Temos a presentación:


Tamén o vídeo:
 

24 febreiro, 2015

Encontro con... Carmen Pérez

O venres 23 de febreiro teremos connosco a profesora da ETS de Enxeñaría de minas da Universidade de Vigo, Carmen Pérez.

Carmen Pérez, na actualidade, imparte Tecnoloxía de materiais e Tecnoloxía dos materiais plásticos, e está integrada no grupo de investigación ENCOMAT (Enxeñaría de Corrosión e Materiais).

O tema que nos convoca é Os plásticos na sociedade actual.

A cita está marcada para as 10.30 no Salón de Actos.

Tamén podedes ver a exposición sobre os plásticos no recanto de Toc-toc-A Ciencia.

17 febreiro, 2014

Premios no VI concurso galego de robótica


Era a primeira vez que alumnado do noso centro participaba no concurso galego de robótica, convocado por IGACIENCIA co patrocionio da Fundación Barrié. Entre os mil douscentos participantes, os equipos do noso instituto renderon a un nivel máis que estimable, segundo a valoración de Javier Enjamio, o seu profesor.

Alejandro, Andrea e Alex lograron o segundo premio.
Mención especial merece o trío formado por Andrea Vila, Alex Rivas e Alejandro Santórum que encabezaron a clasificación ata o último suspiro e que só ao final se viron adiantados por un dos equipos do IES A Cachada de Boiro. Un segundo premio que non está nada mal!

Parabéns a todos!

A nova no Faro

30 outubro, 2012

Leonardo interactivo: Ben pola BNE!


A presentación xa a fai a propia BNE:

"El Leonardo interactivo es una herramienta que ofrece la versión digital de los Códices Madrid de Leonardo da Vinci, además de múltiples funcionalidades que nos acercan al mundo del genio toscano"

Deste xeito podemos atopar a(s) obra(s) dixitalizadas (s)....


... nas que se resaltan citas...


... ou desde as que se ligan gráficos en 3D ...



.... e moitas cousas máis ... 


... como a biblioteca do xenio...


... e mesmo xogos...



Vamos, que parabéns á Biblioteca Nacional! E animádevos a indagar neste marabilloso Leonardo interactivo.



18 outubro, 2012

Ramón Verea no Tres14


Cae de cantazo que á Marela lle gusta moito o Tres14 da RTVE. O 21 de setembro do 2009, baixo o título La primera calculadora que multiplicaba, dedícaballe un dos seus magníficos gráficos animados a Ramón Verea. Quitando a conversión (tan divuldada na escasas noticias que hai sobre Verea) da anécdota en categoría sobre as intencións que guiaron o inventor á calculadora, a animación está á grande altura de  todas as do programa.


21 febreiro, 2008

Exposición "A enerxía solar" (xaneiro de 2007) [Unha ollada ao pasado...]

O blog vai medrando e vai tamén tendo algo de sentidiño nas nosas cabezas: recuperamos aquí unha vella entrada dun sublog que rematou sendo fagocitado por este monstruo tarabeleiro que xa non hai quen o poda conter. A exposición "A enerxía solar" foi un modélico exemplo de traballo interdisciplinar que ten, aínda un ano despois, a vixencia do que é un traballo ben feito; é de xustiza, xa que logo, cibersituar no espazo que lle corresponde o seu recordo.O traballo previo......os artefactos creados....un panel solar......a satisfacción final...Os traballadores, os traballos e os libros...