Os rapaces e as rapazas de 4º da ESO están a piques de rematar os seus estudos obrigatorios, e algún e algunha deixarán o mundo académico para integrarse, de teren sorte, no laboral. As súas profesoras de Historia, Marta Otero e Alba Payo, pensaron que non debían acabar a súa formación obrigatoria sen coñeceren a historia das rúas polas que transitan, e tiveron a ben guialos pola zona urbana de Lalín para impartirlles unha clase de Historia diferente, fóra das aulas, mais na súa contorna, nos espazos que percorren día a día.
A seguir, a crónica de Alba Payo e unhas imaxes de Marta Otero:
"O alumnado de 4º da ESO fixo unha saída pola
nosa vila para coñecer os lugares da memoria histórica do Lalín da República e
do Franquismo. Deste modo, descubriu o antigo rueiro da ditadura, comezando pola rúa que leva o
nome do alcalde republicano executado, Manuel Ferreiro Panadeiro, ou o porqué
do nome do CEIP Xesús Golmar, mestre inhabilitado para o ensino.
Tamén puido comprobar os vestixios da ditadura,
cos símbolos de Falanxe, que aínda se poden ver na fonte de Lalín de Arriba e
na varanda de pedra do Parque de Loriga.
Desde alí, continuou polo Hospitalillo
que funcionou como cárcere co golpe de estado, e o lugar onde estaba a
Brigadilla que perseguía o maquis e torturaba prisioneiros políticos.
Finalmente, chegou ata o edificio que foi a
Casa da República e visitou as Casas Baratas, vivendas de promoción oficial do
réxime."
 |
Na Praza de Calvo Sotelo, hoxe Praza da Torre (popularmente Praza das Pipas) |
 |
Na estatua de Joaquín Loriga
|
 |
No IES Laxeiro, antes Hospitalillo (habilitado como cárcere no Golpe de Estado e Guerra civil), logo Colexio Sagrado Corazón, Instituto Laboral e de Bacharelato Aller Ulloa |
 |
No Museo Ramón Mª Aller Ulloa
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
Nas casas baratas Leopoldo Sanmartín en Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán |
 |
Detrás do Pontillón e da casa que ocupa o lugar no que estaba o Cuartelillo da Brigadilla da garda civil |
 |
Na contorna do CEIP Xesús Golmar, último alcalde republicano de Lalín e mestre represaliado
|