30 xaneiro, 2018

Astrónomas que fixeron historia

Coas láminas do calendario Astrónomas que fixeron historia, argallamos unha pequena exposición para celebrar o 11F.


Acompañámolas dalgunhas suxestións en diversos formatos e dun cuestionario que podedes dexergar no tríptico co que acompañamos habitualmente as exposicións.
 

23 xaneiro, 2018

No Centro oceanográfico de Vigo cos Bolechas


O Centro oceanográfico de Vigo (fundado en 1917) xa anda nos seus 101 aniños. Á celebración do seu centenario sumáronse, no seu momento, Os Bolechas. 

Con eles pódeste informar cómoda e facilmente  sobre esta importante institución científica, da que pronto recibiremos visita.

Descarga xa a guía presentada polos Bolechas.



17 xaneiro, 2018

IV Concurso Literario Mª Vitoria Taboada. O libro

Xa podedes desfrutar do libro dixital cos textos premiados no IV Concurso Literario Mª Vitoria Taboada, acompañados das ilustracións realizadas por Alejandro Dopazo Taboada, Nora Fuentes Losada, María Mato Martín, Lucía Otero Gómez, Julieta Itatí Penas Noce e Luísa María Zuluaga Garcés; alumnado de 2º do Bacharelato de Artes.
A capa e a contracapa son de Aitana Iglesias Rodríguez, e a maquetación é de Sebas Anxo.



15 xaneiro, 2018

Exposición sobre a Prehistoria e o Antigo Exipto

Dirixido pola profesora Alba Payo Froiz, o alumnado de 1º ESO levou a cabo una inmersión no mundo da prehistoria a través das seguintes actividades:

  • Mans en positivo / Mans en negativo: impregnando as palmas da man nunha hipotética cova.
  • Arte mobiliaria, a Venus paleolítica: múltiples reproducións en barro da Venus de Willendorf
  • Pintura rupestre: o alumnado levou a cabo unha plural reprodución da mesma sobre pedra.

A exposición tamén nos mostra unha moi lograda achega en táboas finas á mitoloxía do Antigo Exipto, cuns debuxos de excelente calidade.

Na exposición pódese observar moi ben a interdisciplinariedade do proxecto: plástica, historia, arte, mitoloxía etc.; todo iso, como sempre, co apoio documental da nosa Biblioteca.

A seguir unha pequena mostra fotográfica da mesma:






 

11 xaneiro, 2018

Marela para Xa non estou aquí de Iria Misa

Acabamos de recibir do prelo unha nova Marela, neste caso a guía de suxestións de Xa non estou aquí de Iria Misa.

Xa sabedes que podedes descargala en PDF.
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/files/Xa%20non%20estou%20aqu%C3%AD.pdf