09 xullo, 2020

Dous millóns de ilustracións en descarga libre

Fonte
Biodiversity Heritage Library pon á nosa disposición máis de dous millóns de ilustracións de Ciencias Naturais: animais, plantas, fungos... Todo en descarga gratuíta en flickr.
Explorade os múltiples álbums desde aquí.
Fonte
Quen nolo contou foi El horticultor. Graciñas.
Fonte

01 xullo, 2020

De San Simón a Ponteceso

Unha viaxe poética desde o século XII ata o XIX, das "Ondas do mar de Vigo" ata o cabo Ougal, de María Pérez a Breogán; protagonizado por alumnado de 2º de Bacharelato A e profesorado do instituto e coa colaboración de Celso Fernández Sanmartín, Helena Villar Janeiro, Ana Cabaleiro, Carlos Negro e o profesor emérito Mario Pereira.
A música é de Milladoiro, a montaxe de Rubén Fontán Taboada e a coordinación de Mª do Carme Frade.