29 xuño, 2023

Itinerario da Memoria Histórica de Lalín. República e Franquismo : O libro

 

A actividade Itinerario da Memoria histórica de Lalín da República e Franquismo, promovida pola profesora de Historia Alba Payo, realizouse por primeira vez no curso 2020-21, retomando a mesma os pasados 30 de maio e 1 de xuño, e tendo como destinatario de novo o alumnado de 4º da ESO.
Da actividade xa dera conta a prensa en papel (La Voz de Galicia e Faro de Vigo) e a dixital (Dzdixital) no seu momento.
Así mesmo, no blog da biblioteca A Marela Tarabela informamos da devandita actividade desenvolvida no curso 2020-21 e xaora que a desenvolvida neste curso 2022-23.
Mais ficaba a edición do libro que sintetizase o desenvolvemento da mesma, tarefa que levamos a cabo nesta ocasión, e que agora presentamos, tanto en papel como en formato dixital.
A seguir o libro dixital:
 
 

26 xuño, 2023

Coa música a outra parte

Lucía nunha fotografía cedida por Benxamín Otero

Outra vez máis queremos dar os PARABÉNS a ese alumnado que nos deixa para seguir co seu futuro académico por outros camiños. Estes tres non dubidaban, tíñano moi claro desde pequenos, e conseguiron o seu obxectivo: xa están encamiñados cara á Música de maneira profesional, ao superar as probas de acceso ao GRAO SUPERIOR DE MÚSICA.

Así, LUCÍA RAMOS DIÉGUEZ, primeira mellor nota en Galicia da súa especialidade, cursará o Grao de Interpretación na especialidade de frauta, no CSM Vigo.

Tamén en Vigo, ROMÁN MEIJOMÍN PROCINO cursará o Grao en Interpretación na especialidade de clarinete e o Grao de Produción e Xestión, no que obtivo a segunda mellor nota de Galicia.

E como non hai dous sen tres, no CSM de Vigo, XOÁN LOIS FERNÁNDEZ acompañará a Román no Grao de Produción e Xestión, xa que acadou a mellor nota de Galicia, e, ademais, cursará tamén o de Interpretación en tuba.

Xoán en fotografía cedida por Servando Lois Silva.


Román nunha fotografía cedida por Benxamín Otero Otero



21 xuño, 2023

Turning Titles into Tales : The Book

O vestíbulo do instituto acolleu este mes de xuño a exposición Turning Titles into Tales, actividade de “escritura creativa” realizada polo alumnado de 1º do Bacharelato, mais faltaba pórlle o ramo a dita actividade e que mellor forma que un libro que recollese unha selección dos traballos expostos, tanto en formato papel como dixital, e que agardamos sexa do voso agrado. 

A seguir o libro dixital:


20 xuño, 2023

Severiano académico

 

Miguel Souto. La Voz de Galicia

O noso compañeiro Severiano Casalderrey vén de ingresar na Academia de las Artes y la Ciencias Cinematográficas de España, a boa nova en si non nos colle de sorpresa dada a súa intensa actividade no ámbito da Música e o Cine. Compartimos de cheo as palabras de Seve á correspondente de La Voz de Galiciaunha honra e un orgullo, para ti compañeiro Seve e para toda a comunidade do IES Aller Ulloa.
Moitos parabéns.

17 xuño, 2023

Novos universitarios

Estas últimas semanas a Biblioteca Mario Pereira era un fervedoiro de xente, un formigueiro de nervios, apuntamentos e dúbidas de última hora. O noso alumnado de Bacharelato estaba a piques de saber se podería acceder aos estudos superiores que desexaba, ou se unha décima de nada o deixaba fóra da súa carreira ou ciclo desexado. 

Por fin, este xoves pola tarde as dúbidas quedaron despexadas, e non podemos máis que darlle os PARABÉNS aos nosos mociños e mociñas: 43 aprobados  dos 44 presentados, e iso que algúns seica foron "por ver que pasaba", posto que non precisaban da ABAU para acceder aos Ciclos Superiores de Formación Profesional ou aos Graos Superiores de Música que van cursar.

E, por suposto, tamén queremos felicitar ás familias que están detrás dos 46 titulados en 2º de Bacharelato neste 23-24, familias que sufriron, apoiaron, animaron e mimaron os seus fillos e fillas.

O 13.11 sobre 14 de Miguel Cudeiro Guerreiro foi a nota máis alta acadada polos estudantes do IES Aller Ulloa. 


11 xuño, 2023

Marela para "A culpa"

Ao fío da escolla por parte do Club de lectura do profesorado da novela A culpa de María Solar, editamos unha nova Guía de lectura, a nº 20, que se corresponde coa Marela nº 32, monográfico dedicado a dita novelae que integrantes do Club de lectura cualifican de blockbuster literario de lectura áxil e consumo fácil, de libro magnético que te mantén intrigada dende o inicio, que sorprende páxina a páxina e cun final de grande impacto e inesperado, que atrapa o lector dende a primeira folla esperando resolver unha trama coa culpa como protagonista principal, unha culpa ao lombo que Marcela só quere traspasar antes de morrer.

 Lembrade que podedes descargala en PDF.

Máis información no Wikirmau.