18 novembro, 2024

I Concurso de Relatos de Terror : o libro



https://ar.pinterest.com/pin/2181499806492245/

Realizado no seu momento o acto de entrega dos premios do I Concurso de Relatos de Terror do Samaín, comprácenos, agora, presentarvos o libro dixital que recolle os textos premiados.

En breve dispoñeremos do libro en papel para regalía da comunidade escolar.

Desde a Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, o noso agradecemento a todas aquelas persoas que colaboraron na realización desta actividade.

A seguir o libro: 

 

24 outubro, 2024

Samaín non é Halloween

Samaín ou Halloween ? Nestes momentos nos que as culturas e tradicións se misturan xa non sabemos o que celebramos.

"Desde hai anos, en Galicia triunfa o Samaín, unha denominación novidosa para recuperar a vella tradición de apañar e tallar cabazas, alumealas con candeas e colocalas nas corredoiras ou nas casas. A vila de Cedeira impulsou unha recuperación que espallou a festa por todo o país. As festas das ánimas, dos calabazotes, cos colondros, das caliveras ou dos melóns", así nolo contan en praza.gal, e para empezar estes días de celebracións expoñemos unha pequena selección dos produtos da zona. 

Ata o mércores 30, no vestíbulo do IES Ramón Mª Aller Ulloa, podedes visitar esta exposición, en harmonía con outras das que iremos dando conta.









18 outubro, 2024

Coa nosa xente : Carlos García Meixide

De novo traemos a esta sección “Coa nosa xente” a Carlos García Meixide ao fío de ter sido galardoado cun dos MS Student Travel Award. O tema elixido leva por título A cualificación da incerteza para intervalos que expoñerá na prestixiosa International Conference on Statistics and Data Science, a celebrar en decembro en Niza.

O científico lalinense, Carlos García Meixide. Faro de Vigo

As matemáticas son unha ferramenta para solucionar os problemas sociais, afirma Carlos nunha entrevista concedida a Faro de Vigo a raíz do galardón. 

Por parte, en entrevista a La Voz de Galicia, Carlos fálanos da súa próxima marcha á Universidade de Berkeley para traballar co profesor Mark van der Laan: Vou a Berkeley e poderei xuntar a miña investigación coa que se fai alí. 

Xa no seu momento A Marela deu conta do seu progreso académico.

Moitos parabéns, Carlos.

A seguir o noso Carlos cando o 2º do Bacharelato: 

Carlos no curso de 2º Bac.2014-15. © IES Aller Ulloa