17 febreiro, 2014

Premios no VI concurso galego de robótica


Era a primeira vez que alumnado do noso centro participaba no concurso galego de robótica, convocado por IGACIENCIA co patrocionio da Fundación Barrié. Entre os mil douscentos participantes, os equipos do noso instituto renderon a un nivel máis que estimable, segundo a valoración de Javier Enjamio, o seu profesor.

Alejandro, Andrea e Alex lograron o segundo premio.
Mención especial merece o trío formado por Andrea Vila, Alex Rivas e Alejandro Santórum que encabezaron a clasificación ata o último suspiro e que só ao final se viron adiantados por un dos equipos do IES A Cachada de Boiro. Un segundo premio que non está nada mal!

Parabéns a todos!

A nova no Faro

27 xaneiro, 2014

Comezou o Toc-toc-A Ciencia


Vaia, comezou e xa rematou a primeira actividade (imos na segunda). Este non é un blogue de actualidade, pero debemos admitir que algunhas novas van algo resesas de máis. Disimulade.


Comezamos á volta das vacacións e a primeira actividade foi unha exposición sobre o CERN e o LHC

Para iso, empregamos os recursos que ofrece o propio CERN nas súas páxinas de educación.

Imprimimos os pósters no maior tamaño que se nos axustaba ao orzamento (un par de euros por póster, 59,4 x 84), pedimos colaboración do alumnado de 2º BAC B para as traducións...



...elaboramos un tríptico cuestionario, con algunhas recomendacións ...

... tamén un pequeno video que se proxectou na bufarra da Marela, unha selección vídeo-bibliográfica con fondos da biblioteca...
..e mesmo unha impresión "xigante" de Alice y la sopa de quarks y gluones, para que puidese ser lido no noso "super-atril":

 
Máis detalles podédelos consultar no Toc-Toc-A Ciencia, no que iremos incorporando algún material empregado e/ou producido máis.

21 xaneiro, 2014

Teresa Calçada vaise para seguir

Foto do xornal Público.
Cualifícana como "mãe da Rede de Bibliotecas Escolares", esa fonte na que tanto bebemos tantos.

Leva á fronte da Rede desde 1997 e agora pide a xubilación. Ten a idea de ir conta, contando polas escolas coa asociación  Voluntarios de leitura.


O Público publicou esta entrevista o domingo pasado:“As dificuldades justificam uma política pública de leitura, nas escolas e fora delas”.

Seguro que non será difícil recoñecer, nas súas respostas, unha chea de cousas de noso.

20 xaneiro, 2014

VII Olimpíada do Saber


O próximo venres remata o prazo de inscrición para a VII Olimpíada do Saber.

Non vos despistedes!

-