O equipo de Polos Creativos presentounos A Cúpula (Seica o esqueleto, por agora).
Hai que lle seguir a pista (a ver como encarna).
O equipo de Polos Creativos presentounos A Cúpula (Seica o esqueleto, por agora).
Hai que lle seguir a pista (a ver como encarna).
![]() |
| Foto de Alba Payo |
A corte desta Marela sempre estivo moi ben atendida.
Ánxeles Francis ten un longo percorrido nesta biblioteca; tanto que é difícil escoller ao chou un libro sen que a súa pegada non estea sobre el. Ánxeles é a John Wayne dos cuños, baliñas de tinta dunha cobizosa de libros para unha biblioteca (de todas, de todos...) que nunca deixa de crecer.
Agora que está cerca o día en que a pantasma do seu retiro apareza como un baleiro en aulas e corredores, esta Marela espreguízase logo dun verán abrasante e sente a inquietude desa ausencia por vir: xa non haberá máis recreos con orais, nin revistas por fichar, nin exemplares catalogacións, nin andeis ordenados nunha ruta sen fin...
Pero o certo é que, sobre todo, a que non estará é a Ánxeles profesora: a profesora e compañeira comprometida con denodo con este tarabelo de ensino público que temos. A nai tamén de Mario e Gabriel, tan nosos e queridos xa dende hai tempo, como xa sempre para nós o será ela.
Brúa, Marela, brúa, que Ánxeles nunca deixe de escoitar o moito que a queremos.
![]() |
| Foto: Sara Piñeiro, in nosdiario.gal |
Ao fío da exposición Truer na Galería Néboa de Lugo traemos
hoxe á sección Coa nosa xente á artista visual Sara Piñeiro.
Xa no instituto Sara apuntaba maneiras como artista e
como mostra a súa achega en 4º de ESO das viñetas do cantar de cego O Bicho da Sacha, coa
colaboración nos textos de Daniel Currás González, Mónica Otero Iglesias e Eva
Vázquez Vila, e no cal xa salienta a vea artística de Sara.
Verbo da exposición na Galería
Néboa, que aínda podedes visitar ata o 24 de xullo, Sara en declaracións a Nós Diario afirma: Para min o exercicio expositivo é parte do
proceso de creación. Moitas pezas collen a súa forma definitiva no propio
espazo.
![]() |
| Cartel da exposición Truer |
Por parte, Sara foi unha das artistas beneficiarias da
residencia Novos
Valores 2026, que conta coa colaboración do Centro de Residencias
Artísticas, o Museo de Pontevedra, a Bienal de Pontevedra e a Walter Leblanc
Fundación; co seu proxecto Esas estupendas materias duras.
Moitos parabéns Sara polos éxitos acadados ata agora e
que a vea creativa perdure en ti ao longo da túa vida artística.
A seguir a nosa Sara cando o 2º do Bacharelato:
![]() |
| Sara no curso 2º de Bacharelato, 2013-14. © IES Aller Ulloa |
Velaquí unha panorámica das experiencias e prácticas vencelladas á nosa participación neste curso no programa Biblioteca creativa (algunhas engadidas froito dunha comprensión ampla do mesmo), que non deixa de ser unha nova volta de porca á expansión das funcións da biblioteca escolar no ámbito dos centros educativos. Aínda inseguros no tocante a unha correcta comprensión do programa, especialmente no que se refire ao papel do espazo físico propio da biblioteca neste tipo de prácticas, confiamos en que o alumnado tivo a oportunidade de aproveitarse destas experiencias nas que a aprendizaxe botou man da súa creatividade.
Este recoñecemento supón un importante aval ao traballo realizado ao longo do curso arredor da educación financeira, os dereitos das persoas consumidoras e o consumo responsable, a través dunha metodoloxía interdisciplinar que permitiu integrar estes contidos en diferentes materias e ciclos formativos.
O proxecto contribuíu a fomentar no alumnado o pensamento crítico, a toma de decisións responsables, o coñecemento dos seus dereitos como persoas consumidoras e o desenvolvemento de competencias fundamentais para a súa vida persoal, académica e profesional.
Queremos agradecer o esforzo, a implicación e o compromiso de todo o alumnado participante, así como a colaboración do profesorado que fixo posible este proxecto. Este premio é o resultado dun traballo compartido, baseado na innovación educativa, na cooperación e na aprendizaxe significativa.
Seguiremos apostando por iniciativas que contribúan a formar unha cidadanía máis consciente, crítica e responsable.
💙 Grazas a todas as persoas que formastes parte desta experiencia.
#GaliconsNet #IESRamónMªAllerUlloa #SumandoValoresRestandoRiscos #ConsumoResponsable #EducaciónFinanceira InnovaciónEducativa FormaciónProfesional AprendizaxePorProxectos PremioGaliconsNet EducaciónParaACidadaníaResponsable
A actividade Xeografía e onomástica urbanas de Lalín. De onte a hoxe foi promovida pola profesora Marta Otero, coa colaboración do profesor Miguel Pereira, do alumnado das materias de Xeografía e Historia de 3º de ESO, Xeografía de España de 2º de Bacharelato e Lingua e Literatura Galega de 1º de ESO que traballou nesta actividade, á parte da profesora Alba Payo como Coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua galega.
A mesma desenvolveuse ao longo do curso 2024-25, coa recollida de material fotográfico e a pescuda nas orixes toponímicas de rúas ou barrios, pero non foi ata este curso 2025-26 que lle puxemos o ramo coa publicación do libro dixital e en papel.
Nesta viaxe á Xeografía e onomástica toponímica urbanas de Lalín tentamos espertar no alumnado a memoria do devir de Lalín a través do nomenclátor das súas rúas e a necesidade de preservar a riqueza microtoponímica local, como un ben inmaterial que nos reconcilia coas raíces.
A seguir o libro dixital:
En primeiro lugar, as sempre necesarias conmemoracións, que permiten facer presentes figuras e feitos que a présa diaria tende a sepultar no esquecemento. Libros e textos para recordar e aprender: Mes da ciencia en galego, Día das escritoras (daquelas que empezaron arredor de 1975), Día internacional da eliminación da violencia contra a muller (una exposición multidisciplinar coa colaboración de varios departamentos e do alumnado).


Resolveuse tamén o último Premio Vitoria Taboada, en camiño de profundas reformas pola intrusiva IA...
O alumnado de 1º de bacharelato de Anatomía mostrou os seus traballos no curruncho de Toc-Toc a Ciencia:
E, por último, imos dando os primeiros pasos nos proxectos de Bibliotecas solidarias e creativas, que non sabemos moi ben aínda onde nos poden levar: o voluntariado levou o contacto interxeracional ao Colexio Xesús Golmar e fixo as súas primeiras colaboracións na xestión da biblioteca e o alumnado de artes interveu creativamente no mobiliario; puxemos tamén a probas algún que outro xogo manipulativo, para ver até onde se pode chegar con eles na biblioteca.