A concoespiral desconcoespiralizouse, pero -misterios xeométricos á parte- velaí a tedes tan rufa, ela:
12 febreiro, 2015
11 febreiro, 2015
Literiatura [20] : Marine Blandin
[Cara e cruz]
-[1]Todos estes libros! [2] A ti non che gustaría ler algún destes libros de cando en vez?
-Pois non, eu prefiro a tele.
- [3] Eu miro esta libraría e digo para min: aquí, hai unha aventura de piratas, alí, crónicas militares, e acolá, unha investigación policial.
- [4] Ah, si? Eu digo para min: aquí un piñeiro morto, alí un alerce morto, e acolá, un abeto vermello, morto. [5] E todo moi ben colocadiño sobre un carballo morto. [6] Non, de verdade que eu prefiro a tele.
de Marine Blandin en CO2: Le quotidien des plantes d’appartement, en Grand papier.
Esta é a vixésima entrada de Literiatura. Ao iniciar esta idea pretendiamos, por unha banda, presentar diversas páxinas de cadriños que consideramos interesantes, e por outra, mostralas a través do tema do libro e a lectura, motivo central (si!) dunha biblioteca escolar.
Para celebrar este 20º aniversario(?), escollemos o formidable banquete de BD en liña que nos proporciona Gran papier e, dentro del, unha auténtica esquisitez,unha delicatessen: CO2: Le quotidien des plantes d'appartement.
A serie de Marine Blandin supera as cincuenta entregas. Cada entrega -seis cadriños- é de lectura independente, pero a personalidade, o caracter e a complicidade de cada planta (as personaxes son plantas parlantes) vaise perfilando ao longo de todas elas. Por iso, a perspectiva do conxunto permítenos facer unha lectura máis rica de cada parte. A viñeta de arriba, seguramente se entenderá mellor á luz (nunca mellor dito) desta:
-

10 febreiro, 2015
Estase armando...
Que hai dentro do tetraedro branco?
(Un octaedro! Si! Conseguín velo! Claro, un octaedro. Levoume un día)
Que é iso azul?
Un hexaedro? Un hexaedro, si.
(Un octaedro! Si! Conseguín velo! Claro, un octaedro. Levoume un día)
Que é iso azul?
Un hexaedro? Un hexaedro, si.
09 febreiro, 2015
Ao fío do encontro con Bernardo Adeva
Por Claudia Alonso
O home sempre buscou a orixe do universo e as
súas partículas fundamentais. Antigamente, cos
presocráticos, había quen buscaba archés dos que se formaría todo (aire, lume,
auga, ect). Con todo, o mundo
cambiou dende aqueles tempos e aínda que se seguen a buscar os compoñentes
fundamentais da materia (e como interaccionan), hoxe facémolo dende a
prespectiva da física de partículas. O pasado xoves tivemos a honra de recibir a
Bernardo Adeva Andany, catedrático de física atómica e molecular da USC.
Puidemos escoitar información relativa aos quarks e á antimateria de alguén que
a coñece de primeira man, pois ademáis de traballar no sincrotrón DESY de Hamburgo xunto co premio Nobel Samuel
Ting, o seu grupo de investigación da USC participou no experimento LHCb do CERN.
A charla, tremendamente produtiva, seguramente
deixou sorprendido a máis de un. Por unha parte, falouse do complexo asunto da
antimateria e a materia. Cada partícula posúe a súa
antipartícula (un electrón ten a súa antipartícula no positrón, un electrón
positivo), e se as partículas forman a materia, as antipartículas formarán a
antimateria loxicamente. Porén,
a materia e a antimateria deberían terse aniquilado mutuamente, pero non foi así
xa que predomina a materia. O profesor Adeva mencionou a posibilidade de que
houbera galaxias formadas por antimateria, aínda que nunca se observou
ningunha.
Por outra parte, sorprendeunos cos científicos mencionados,
pois todos esperábamos oír nomes como o de Stephen Hawking, pero non foi así.
Foron nomes importantes neste ámbito, segundo o catedrático, Paul Dirac e
Georges Lemaître. O primeiro predixo a mesma
existencia de antimateria (tema principal da charla) e o segundo propuso o Big
Bang. Isto último é especialmente sorprendente pois tratábase dun cura, o cal é
pouco habitual cando falamos de temas de física. Ademais, esta teoría hoxe
aceptada foi desacreditada por Einstein, que tiña moito prestixio na comunidade
científica xa daquelas. Finalmente, cabe mencionar a desilusión xeral ou
decepción de Adeva no seu traballo no LHC, pois el tiña a esperanza de poder
romper o modelo actual. Isto non significa que as súas observacións non foran
importantes, senón todo o contrario, pois axudaron a negar certas teorías que
se estaban a plantexar.
02 febreiro, 2015
Quadrinhos e física: Edgar
Edgar é un inadaptado, un incomprendido (tan incomprendido como a física!) e decide cambiar de vida:
Tamén é certo que a física lle axuda a vencer determinados contratempos e desasosegos:
O caso é que nós podemos acompañar Edgar na procura dunha nova vida e irmos atopando unha chea de fenómenos naturais que ben merecen a súa explicación científica.
A crónica dos días de Edgar é relatada por Gustavo S. Borges, tamén autor do biográfico 30 minutos e do imprescindíbel A entediante vida de Morte Crens.
Cada episodio vai acompañado dun vídeo explicativo, no que o profesor Giovane Mello nos aclara o fenómeno físico ao que acabamos de asistir.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)