"Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical silvestre..." (Manolo Rivas)
21 xuño, 2010
02 xuño, 2010
Xogos matemáticos: de crocodilos e outras cosas bonitas
O Departamento de Matemáticas ten na nosa páxina web algúns xogos imposibles de resolver.
Viñéronlle pedir á Tarabela unha man para ver de conseguir alguén que os resolvese.
27 abril, 2010
Literatura de cordel: Lalín éche o demo
Non é raro que, ao encerellármonos nun tema, atopemos algún documento de moito interese. A satisfacción, neses casos, é grande porque pensamos que, desde a Biblioteca Escolar, sempre podemos colaborar na recuperación de documentos relacionados coa nosa contorna inmediata.
Esta vez tocoulle a un “cantar de cego” de sete estalos. Aínda que xa fora interpretado antes por Paío e Willy, editouse en 1988, dun xeito moi limitado.
Os “títulos de crédito” de Lalín éche o demo son de luxo:
Texto: Luz Méndez
Debuxos: Damián Payo, Paío
Prólogo: Xosé Payo
Capa: Laxeiro
Contracapa: Aymerich
Iso por non mencionar os “figurantes” que aparecen en varias escenas. Uns son recoñecibles en clave lalinense, outros en clave algo máis ampla: parádevos na páxina 8, por exemplo, e teredes a aparición de Cuíña e Rajoy cando “camiñaban xuntos”.
26 abril, 2010
15 abril, 2010
III OLIMPÍADA DO SABER: CLASIFICACIÓN FINAL E MATERIAL
-->
Tras o sabor agridoce que nos quedou o curso pasado, este ano estamos moi contentos da participación na Olimpíada do Saber. Tanto en cantidade, como en calidade, o comportamento dos grupos foi o mellor das tres edicións que levamos.
Por iso, os nosos parabéns para participantes e gañadores, este ano, son dobres.
Velaquí a clasificación final dos dez primeiros.
Por outra parte, quen teña interese pode consultar as probas que se foron sucedendo desde o 25 de xaneiro ata o 19 de marzo, aquí están:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

