27 maio, 2021

Presentación dos traballos de investigación do STEMBACH

O alumnado de 2º do STEMBACH ponlle o ramo ao curso coa presentación dos seus traballos de investigación. Moita sorte e moitos parabéns.


26 maio, 2021

Encontro con Adela Otero : o reencontro

O luns, 24, tivo lugar o programado (re)Encontro con Adela Otero quen so o lema "A viaxe do audiovisual" achegou ao alumnado de 1º do Bacharelato de Artes a súa experiencia profesional.
A seguir unha fotos do acto:
 






25 maio, 2021

"Iceberg" de Yara Juncal contra a desigualdade e a violencia de xénero

Hoxe, alumnado e profesorado de 3ºB, 4ºB e 4ºC achegáronse ata a Praza de Galicia para asistir ao espectáculo de danza “Iceberg”, de Yara Juncal, actividade promovida pola Deputación dentro do programa Mulleres en Acción: Violencia Zero 2020-2021
Un espectáculo co que reflexionar sobre as desigualdades e a violencia contra as mulleres, mediante a recreación dunha relación sentimental tóxica.







 

 

24 maio, 2021

II Concurso Ilustración Científica

Convocado polos departamentos de Bioloxía e Debuxo do IES Ramón Mª Aller Ulloa celebrouse o II Concurso de Ilustración Científica. 
O xurado integrado por profesorado de ambos departamentos decidiu outorgar o 1º premio do certame a Ana Victoria Pérez Vallejos e un 2º premio a Rebeca Ojea de Pinho, alumnas de 3º da ESO e de 1º do Bacharelato, respectivamente. Así mesmo, o xurado destacou a calidade das ilustracións. 
A seguir as fotos do acto de entrega ás premiadas, así como as ilustracións seleccionadas expostas no vestíbulo, coas gañadoras como protagonistas:
 
As gañadoras Ana Victoria e Rebeca reciben os seus premios 




E o libro coas ilustracións:
 

Encontro con José Palacios Aguilar

O venres, 28 de maio, terá lugar o programado Encontro co doutor en Educación Física José Palacios Aguilar do alumnado de 4º da ESO de Bioloxía. O relatorio-obradoiro versará sobre RCP e primeiros auxilios. Actividade organizada e coordinada pola profesora Raquel Honrubia.