 |
BERSANI, Andrea: Cela. [Aquí]
|
No
primeiro trimestre do curso 2024-2025 realizamos entre o alumnado (ESO, bacharelato e da FPB) unha enquisa sobre a situación
sociolingüística do centro canto a lingua inicial e habitual e usos
lingüísticos, a través de enquisas de método cuantitativo con preguntas pechadas
ou estandarizas.
O traballo de campo concretouse no Mapa Sociolingüístico do Centro (MSC-2024), elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega
(EDLG) e o Equipo de Traballo da Biblioteca, coa colaboración da Dirección e do
profesorado titor.
Da análise dos resultados salientamos a
perda de identidade da lingua galega, se comparamos as porcentaxes de só galego
ou máis galego como lingua habitual (55,3%) con só galego ou máis galego como
lingua inicial (59,2%), é dicir, un descenso de case 4 puntos canto á lingua inicial; o que reproduce
a situación “macrodiglósica” ou de “dobre diglosia superposta” que estamos a
vivir.
A seguir o informe do MSC-2024: