04 setembro, 2026

Xubilouse Ánxeles Francis

Foto de Alba Payo
                                                  The flighty purpose never is o'ertok

                                                  Unless the deed go with it.

A corte desta Marela sempre estivo moi ben atendida.

Ánxeles Francis ten un longo percorrido nesta biblioteca; tanto que é  difícil escoller ao chou un dos seus libros sen que a súa pegada non estea sobre él. Ánxeles é a John Wayne dos cuños, baliñas de tinta dunha cobizosa de libros para unha biblioteca (de todas, de todos...) que nunca deixa de crecer.

 Agora que está cerca o día en que a pantasma do seu retiro apareza como un baleiro en aulas e corredores, esta Marela espreguízase logo dun verán abrasante e sente a inquietude desa ausencia por vir: xa non haberá máis recreos con orais, nin revistas por fichar, nin exemplares catalogacións, nin andeis ordenados nunha ruta sen fin...

Pero o certo é que, sobre todo, a que non estará é a Ánxeles profesora: a profesora e compañeira comprometida con denodo con este tarabelo de ensino público que temos. A nai tamén de Mario e Gabriel, tan nosos e queridos xa dende vai tempo, como xa sempre para nós o será ela.

Brúa, Marela, brúa, que Ánxeles nunca deixe de escoitar o moito que a queremos.

Ningún comentario: