23 outubro, 2020

Día Mundial da Animación 2020

Un ano máis lembramos que o 28 de outubro se celebra o Día Mundial da Animación e para tal efeméride pedímoslle, de novo, a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos coas doce propostas seguintes:

 

 

Instinct (2019) de Arthur Allender, Mathieu Antoine, Léna Belmonte, Cyrielle Guillermin, Victor Kirsch, Elliot Thomasson (Francia). Animación,  3D CGI; 5 min. Vídeo en Filmaffinitty






 O28 (2019), Otalia Caussé, Geoffroy Collin, Louise Grardel, Antoine Marchand, Robin Merle e Fabien Meyran. (Francia). Animación, 3D CGI; 5 min. Trailer en Vimeo

 

 



TheLonely Orbit (2019), de Benjamin Morad e Frederic Siegel (Suíza). Animación, 2D CGI; 9 min. Trailer en Vimeo

 

 

 


Carne (2019), de Camila Carne (2019) de Camila Kater (Brasil-España). Animación, mixta, 2D, pintura animada, stop motion;12 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 

 

Homeless Home (2020), de Alberto Vázquez (España). Animación, 2D CGI, 15 min. Trailer en Youtube

 

 

 

 


 

Muedra (2019), de César Díaz Meléndez (España). Animación, bonecos, obxectos animados, pixilación; 9 min. Trailer en Vimeo

 

 

 


 

Serial Parallels (2019), de Max Hatler (Alemaña/Hong-Kong).Fotos animadas, 2D CGI; 9 min. Trailer en Youtube


 




Rebooted (2019), de Michael Shanks (Austria). Obxectos animados, 2/3D CGI, acción real; 13 min. Filme en Youtube

 

  



 Genius Loci (2019), de Adrien Merigeau (Francia). Debuxo sobre papel, 2D CGI, fotocopias; 16 min. Trailer en Youtube

 

 

   


Tío Tomás. A contabilidade dos días (2019), de Regina Pessoa (Portugal-Canadá-Francia). Animación, 2D CGI, debuxo tradicional; 13 min. Trailer en Vimeo

 



 Le tigre sans rayures (2020), de  Raúl Robin Alejandro Morales (Francia). Animación, 2D CGI, 7 min. Trailer en Youtube

 

 

 


 

Heatwave (2020), de Fokion Xenos (RU). Animación, plastilina, bonecos; 7 min. Vídeo en Vimeo

18 outubro, 2020

Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos

Hoxe, 18 de outubro, conmemoración do Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos con fins de explotación sexual, queremos sensibilizar a comunidade escolar achegando datos estatísticos sobre esta terrible lacra social:
 
España é o primeiro país de Europa de tránsito de mulleres vítimas de trata e o terceiro do mundo en consumo de prostitución. Un 32,1% dos homes españois recoñecen consumir sexo de pago e ao redor do 90% da prostitución consumida en Galicia está controlada por mafias. Estes son algúns dos datos que reflicten a dimensión dun negocio do que se alerta á comunidade internacional coa celebración o 18 de outubro do Día europeo contra a trata de seres humanos, mediante a campaña Corazón Azul, promovida pola ONU.
 
 Para seguir informándote preme no cartel:
 
 

E para máis información sobre esta problemática preme aquí:

A biblioteca, como non, fornece documentación sobre o problema, recomendando unha vez máis a lectura do cómic “Esclavas” de Alicia Palmer e Bosco Rey-Stolle do que podedes obter plena información na Marela BD e que por suposto a biblioteca pon a dispor da comunidade educativa. Tamén podedes descargalo libre e gratuitamente, en PDF, desde o sitio de Bosco Rey-Stolle.