Encontro en liña con María Sánchez ao fío das actividades organizadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Acto organizado polo Club de Lectura e coordinado por Adriana Iglesias e Lara Rodríguez.
Encontro en liña con María Sánchez ao fío das actividades organizadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Sempre nos congratula o éxito persoal da xente
de noso, como neste caso Verónica Ledo
Lançao, Natalia González Coego
e Rocío Fernández González que ao fío das actividades conmemorativas do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, veñen
de ser galardoadas, Verónica e Natalia no apartado de Empresaria Innovadora e Rocío no de Mulleres en Movemento.
Foi en xullo do pasado ano cando Natalia e Verónica decidiron montar Educalecrín S. C., empresa dedicada a impartir formación sobre o medio ambiente e cuestións sociais, destinada a todas as idades.
Podedes ler a entrevista que concederon a La Voz de Galicia.
![]() |
| Natalia e Verónica en plena natureza (Foto : Martín Granja. Faro de Vigo) |
Canto a Rocío, leva xa 20 anos traballando para a empresa GSI, fomentando a igualdade nun sector moi masculinizado como o é o de subministracións industriais.
![]() |
| Rocío nas instalacións de GSI. Foto: Bernabé/Javier Lalín. Faro de Vigo |
Recibirán as distincións no Salón Teatro de Lalín, que acollerá ás 20:00 horas do 8 de marzo a entrega dos XV Premios Maruja Gutiérrez 2021.
Moitos parabéns ás tres.
Ao fío da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xurdiu por parte dun grupo de profesoras a idea de reivindicar o papel da muller na historia a fin de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero.
A actividade, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, parte dunha idea orixinal de Adriana Iglesias e consiste en iren as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida: Rosie, a Remachadora, Elisa e Marcela, Simone de Beauvoir, Rosalind Franklin, María Blasco, Chimamanda N. Adichie, Cigarreira da Coruña, Teodora I, As dúas Marías, Maruxa Mallo e Marjane Satrapi. Toda unha variedade de perfís cun punto en común, o feito de seren mulleres que se enfrontaron a un mundo radicalmente machista.
A seguir a proposta máis polo miúdo:
Aproveitando a celebración do 8 de marzo (Día Internacional da Muller), editamos unha nova Guía de lectura, a nº 18, que se corresponde coa Marela nº 29, dedicada neste caso á novela de Antía Yáñez Senlleiras, que en palabras de Ana Novo Cuñarro (alumna do 1º de Bacharelato e integrante do Club de Lectura), nos presenta dúas historias que non coinciden na época cronolóxica, mais si na mensaxe a transmitir: a opresión do patriarcado na vida de calquera muller... Unha voz que nos recorda que non está todo ben e que a loita polos nosos dereitos como persoas continúa día tras día, na escola, no traballo, na casa. Así, a través dos pensamentos das dúas mulleres reflectidos ao longo da obra, amósasenos aquilo que a nosa atarefada vida social e a falsidade das redes sociais silencia cada vez máis.
![]() |
| Os Adiviñadores, primeiros clasificados, con cadanseu vale cambiable por 30 euros |
A seguir a clasificación final:
![]() | ||||||
| Sciencies Warriors, segundos, cos seus vales por valor de 20 euros |
![]() |
| Os 4 de Carmona, terceiros, cos seus respectivos vales de 10 euros |