16 decembro, 2019

"Chola a it girl". O rural auténtico tamén ten tendencia


O vindeiro xoves 19, a compañía ArtesaCía porá en escena a obra Chola a it girl, espectáculo teatral que se insire no programa de actividades para fomentar a igualdade de xénero entre o alumnado, materia, ademais, que forma parte da oferta educativa do centro.


No folleto informativo da obra, a compañía ArtesaCíaTransmedia deita a seguinte recensión:
"Chola é unha personaxe creada pola compañía ArtesaCíaTransmedia, co obxectivo de levar á escena unha personaxe feminina con identidade ao servizo da historia e non dun protagonista masculino. O obxectivo do proxecto cultural CHOLA&LOLA é transmitir que o rural e o auténtico tamén pode ser tendencia, xunto con recuperar o vello termo de a it girl ("ter iso"). Esta idea orixinal de AtesaCía é unha homenaxe a todas esas mulleres glocais. A esa estirpe de muller decisiva que está un paso por diante da sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza... e pola súa procura incansábel de posibilidades para cultivarse e aprender". 
De aí o subtítulo de O rural auténtico tamén ten tendencia.

12 decembro, 2019

Día Mundial da Sida: o VIH

Ao fío da conmemoración do Día Mundial da Sida,    o  1 de decembro, podemos ver no recanto do Toc TocA Ciencia o traballo feito polo alumnado do STEMBAC o pasado curso, sobre o virus da inmunodeficiencia humana, o VIH. 

O mesmo consta dun mural coa representación do ciclo biolóxico do virus, unha maqueta coa súa estrutura molecular, acompañado dunhas pequenas biografías dos seus descubridores.

A seguir unha mostra gráfica:








27 novembro, 2019

Música tradicional e evolución: O acto

Pablo Carpintero e Rosa Sánchez cumpriron unha vez máis coa estratexia de achegar ao alumnado, neste caso de 1º e 2º de ESO, o valor da música tradicional como complemento da evolución humana.

A partir de instrumentos construídos por nenos, da matizada presenza de homes e mulleres na música tradicional, da música en relación á evolución humana e ao seu desenvolvemento e do vínculo entre música e xenética, Pablo e Rosa fóronnos amosando dun xeito lúdico como a música tradicional se foi e se vai transmitindo xeracionalmente formando parte dos valores da cultura popular, acadando desta forma un sentido étnico no marco da evolución humana.

A seguir unha mostra fotográfica do acto da reporteira gráfica Lucía Maceira Lázara, alumna de 2º de ESO: