[Mar oceano]
de Sarolta Ban en resistart
03 febreiro, 2020
31 xaneiro, 2020
R. 25.000
Xente nosa. A nosa xente.
"Ópera prima cunha melodía poética madurecida, unha luz na ardentía da alma, unha creación que amosa toda unha autofilosofía, un desasosego existencial, o fulgor do silencio..."
Xosé Luna
30 xaneiro, 2020
Encontro con... Ana María Otero Casal
O 11 de febreiro celebrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e no marco das actividades a realizar no instituto haberá un Encontro coa microbióloga Ana María Otero Casal, que impartirá o relatorio "Resistencia a antibióticos" ao alumnado de 4º de ESO e de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato.

A seguir unha pequena reportaxe fotográfica do Encontro coa microbióloga e investigadora que acompañamos de fotos da exposición complementar:

A seguir unha pequena reportaxe fotográfica do Encontro coa microbióloga e investigadora que acompañamos de fotos da exposición complementar:
27 xaneiro, 2020
XII Olimpíada do saber
Xa está aquí a XII Olimpíada do saber. Inscribídevos!
Formade os vosos equipos e apuntádevos na Biblioteca.
O prazo finaliza o 7 de febreiro. O luns 10 comezamos.
Formade os vosos equipos e apuntádevos na Biblioteca.
O prazo finaliza o 7 de febreiro. O luns 10 comezamos.
24 xaneiro, 2020
Exposición-homenaxe a Sebas Anxo
A fin de conmemorar o Día da ilustración (o 30 de xaneiro, data que coincide co nacemento de Castelao), evento que se vén celebrando desde o 2014 a iniciativa no seu momento da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para potenciar o sector e situalo no lugar que lle corresponde, nós queremos facelo cunha exposición de agradecemento ao desinteresado labor de deseñador e ilustrador que o compañeiro Sebas desenvolveu ao longo dos seus 12 anos de profesional da docencia a carón nosa.
Na mesma recollemos gran parte do seu traballo que se poderá contemplar, ben na Biblioteca de xeito permanente, ben no vestíbulo do instituto, e que Sebas realizou con tanto cariño e destreza.
O programa a desenvolver contempla a impartición dunha clase ao alumnado do 1º e 2º do Bacharelato de Artes por parte do propio Sebas Anxo sobre o seu labor de creador plástico, para deseguido realizar un percorrido guiado pola exposición.
A continuación o catálogo da exposición que podedes baixar en PDF:
E como mostra do labor de deseño e maquetaxe a do libro oficial do ANIRMAU 2010:
Ou a do libro cos textos premiados no V Concurso literario Mª Vitoria Taboda 2018:
Fica evidente a calidade artística de Sebas sempre presto a responder aos requirimentos de deseñador, de ilustrador, de maquetaxe e de coordinador.
Moitas grazas, Sebas.
E aproveitando a exposición-homenaxe ao compañeiro Sebas Anxo, lembramos a Cándido Fernández Mazas, artista ao que se lle dedica este ano o Día da ilustración.
Para saber máis sobre o labor artístico do homenaxeado aí vai o vídeo producido por AGPI en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais:
A seguir o cartel do Día da ilustración 2020, obra de Xulia Pisón:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










