09 febreiro, 2021

11F. Encontro con Yolanda Pazos

Encontro con Yolanda Pazos no marco das actividades organizadas para conmemorar o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Evento organizado polo Departamento de Bioloxía e coordinado pola profesora Natalia Fernández.

06 febreiro, 2021

Coa nosa xente. Alba Rozas Arceo

De novo comprácenos ver o progreso profesional de xente de noso como Alba Rozas que neste caso acaba de tirar á que é a súa primeira novela, A caída de Guiomar, dentro da colección "A miña primeira novela de..." da editorial Contos Estraños que en palabras da autora a "La Voz de Galicia" é unha novela ambientada nun reino mitolóxico, nunha importante cidade dos mouros, Eabaca, un reino que se atopa dividido en tres parroquias. Trátase dun reino que está gobernado por Iomar, pero aparece en escena unha criatura da mitoloxía galega que quere facerse co reino... A historia promete. E para coñecela, tedes á vosa disposición a novela na biblioteca.



 

XIII Olimpíada do saber. Clasificación semanal

Logo da segunda semana e chegados ao ecuador da Olimpíada do saber, a clasificación amosa moita igualdade co equipo BMBN en cabeza, avantaxando pola mínima a Sciencies Warriors e con outros equipos que non perden de vista os dous anteriores. 

Agárdannos dúas semanas moi interesantes.


 

01 febreiro, 2021

XIII Olimpíada do saber. Clasificación

Ao cabo da primeira semana de competición observamos unha axustada clasificación, mais cunha mínima vantaxe para Sciencies Warriors; iso si, en aparencia con un abandono.
Agárdanos unha máis que interesante expectación que irá medrando co paso dos días.