de Nasrin Sheykhi.
08 marzo, 2023
07 marzo, 2023
Concurso Integra
Ao longo de toda a mañá de hoxe, estivo a celebrarse o Concurso Integra, organizado polo Departamento de Informática, e xa dentro da normalidade poscovid, o que permitiu que volveramos xuntarnos todos os ciclos no salón de actos.
A actividade consistiu en integrar nove tarefas dos distintos módulos nun proxecto final único e, á súa vez, integrar en cada un dos oito equipos a persoas dos distintos ciclos e niveis. Durante a mesma, tiveron que aplicarse na colaboración e coordinación entre as distintas especialidades, así como esforzarse ao máximo na aplicación práctica dos seus coñecementos.
O equipo gañador foi o grupo 2, formado por VERÓNICA SERVIDE e TOMÁS CEBEIRO (1º de Sistemas Microinformáticos e Redes), BARTOSZ LISIECK (2º de SMR), BORJA PEÑA (2º de Administración de Sistemas Informáticos e Redes), DAVID MÉIJOME (1º de ASIR), CHRISTIAN MACHADO (1º de Desenvolvemento de Aplicacións Web), LEIRE ESPIÑO (1º de FPB de Informática de Oficina) e VANESA LAMELA (2º de FPB de IO).
En 2º e 3º lugar quedaron os grupos 4 e 8.
Luísa Areán Taboada, profesora de FOL
A seguir, deixámosvos unhas instantáneas do que deu de si a xornada, cortesía, así mesmo, de Luísa Areán.
05 marzo, 2023
5 de marzo e Otero Pedrayo
"Tal día coma hoxe, en 1888, nacía Ramón Otero Pedrayo, día no que se celebra a festividade de santo Adrián. O dato é relevante pois este será o nome elixido polo escritor para nomear a moitos dos seus personaxes" así nolo recordan desde o perfil que a Fundación Otero Pedrayo ten na rede social Facebook.
Tamén un 5 de marzo foi o día no que Otero Pedrayo deixou as aulas universitarias coa que sería a PRIMEIRA CLASE NA NOSA LINGUA despois da guerra civil, cun discurso que levaba por título "Unha visión xeral de Galicia". 65 anos máis tarde aínda seguimos a loitar pola normalización do noso idioma.
Canto fixeron estes homes da Xeración Nós! E canto nos queda por facer!
![]() |
| Imaxe: https://www.facebook.com/photo/?fbid=581308600708850&set=pcb.581308660708844 |
02 marzo, 2023
Cartas desde as trincheiras
Na materia de Xeografía e Historia de 4º da ESO andan a estudar as guerras, e nun momento coma o actual, xusto cando hai un ano do inicio bélico na fronteira entre Ucraína e Rusia, e sen trazas de que o conflito poida ter un pronto final, a profesora Alba Payo pediulle ao alumnado que se puxese na pel daqueles soldados que durante a 1ª Guerra Mundial, NAS TRINCHEIRAS, entre bombardeo e bombardeo, atopaban un momento para escribir aos seus.
Esas cartas, medio rotas, queimadas, e mesmo manchadas co sangue dos combatentes, están ao voso dispor no vestíbulo do IES Aller Ulloa desde este mércores 1 de marzo. Achegámosvos unha pequena selección das mesmas e invitámosvos a que as veñades ler in situ.
01 marzo, 2023
Programa Xogade
Este martes 28 o alumnado de 3º de ESO, acompañado dos seus profesores de Educación Física Borja Costoya e Xabier Montoto, participou en Pontevedra nunha carreira de orientación en formato score (non lineal).
A actividade, que forma parte do Programa Xogade (Proxecta PVAD) consiste en atopar o maior número posible de balizas nun tempo máximo de 45 minutos, segundo un mapa que se lles aporta. Nesta primeira fase, zonal, a Illa das esculturas foi o escenario no que se desenvolveu a competición
Ademais de desfrutar do día, cunha xornada de sol e non moito frío, un dos representantes do IES Aller Ulloa, Xabier Verde, foi o campión na modalidade Cadete, atopando as 16 balizas totais en tan só 23 minutos e 4 segundos.
Nas fotografías de Borja Costoya podedes ver algúns dos momentos da actividade, así como o mapa co que o alumnado debía orientarse.





























.jpg)



