01 marzo, 2023

Programa Xogade

 Este martes 28 o alumnado de 3º de ESO, acompañado dos seus profesores de Educación Física Borja Costoya e Xabier Montoto, participou en Pontevedra nunha carreira de orientación en formato score (non lineal).

A actividade, que forma parte do Programa Xogade (Proxecta PVAD) consiste en atopar o maior número posible de balizas nun tempo máximo de 45 minutos, segundo un mapa que se lles aporta. Nesta primeira fase, zonal, a Illa das esculturas foi o escenario no que se desenvolveu a competición

Ademais de desfrutar do día, cunha xornada de sol e non moito frío, un dos representantes do IES Aller Ulloa, Xabier Verde, foi o campión na modalidade Cadete, atopando as 16 balizas totais en tan só 23 minutos e 4 segundos.

Nas fotografías de Borja Costoya podedes ver algúns dos momentos da actividade, así como o mapa co que o alumnado debía orientarse.

Xabier Verde, o noso flamante campión.



Un dos nosos equipos localizando unha baliza.





Ningún comentario: