18 febreiro, 2015

Mércores de cinzas na biblioteca

Aluminio retorto, tabiques rebentados, plásticos fundidos, cristais rotos, fume solidificado, cinzas, cinzas, cinzas... Así atopamos a biblioteca hai 26 anos, ao regreso do Entroido.  As fotos son as que, daquela, Victorino Gutiérrez Aller unira á acta notarial.


 

Xa alá atrás fixemos unha referencia a bibliotecas queimadas e gardabamos parte do relato para o 25º aniversario do desastre. Pero esqueceunos, ese aniversario foi o ano pasado e fóisenos ás vinchas. Volveríanos esquecer se non fose que Susana Faílde nos trouxo estas outras fotos que si son de hai 25 anos xustos.





Corréspondense cunha exposición etnográfica impulsada por Emilio Araúxo. Na foto de arriba, colchas feitas en vellos teares familiares cobren as librarías. Na de abaixo, enseres de cociña diante das mozas e, atrás (malia non se poder apreciar), retratos de difuntos. Nunha e noutra as expresións das alumnas -satisfacción, seriedade, orgullo...- rebordan o marco das fotos.

Só transcorrera un ano. A biblioteca volvía estar en pé. A fábula do que renace das súas cinzas volvía escribirse..., pero había algo máis. Algúns empezamos a dexergar que a biblioteca non podía reducirse a unhas mesas e unhas librerías-gaiola nas que cada seminario mantiña "os seus libros" baixo sete chaves.  Aquela exposición fíxonos pensar en camiños de destino descoñecido. Como moito, intuïamos que deberían conducirnos a mundos de libros libres e bibliotecas abertas a todo o que pasase.

1 comentario:

ANA TABOADA dixo...

Que razón tes en todo Mario!!!

Eu estou afeita a ver estas fotos pero non ás primeiras...

Un saudo

Susa Faílde