En primeiro lugar, as sempre necesarias conmemoracións, que permiten facer presentes figuras e feitos que a présa diaria tende a sepultar no esquecemento. Libros e textos para recordar e aprender: Mes da ciencia en galego, Día das escritoras (daquelas que empezaron arredor de 1975), Día internacional da eliminación da violencia contra a muller (una exposición multidisciplinar coa colaboración de varios departamentos e do alumnado).


Resolveuse tamén o último Premio Vitoria Taboada, en camiño de profundas reformas pola intrusiva IA...

O alumnado de 1º de bacharelato de Anatomía mostrou os seus traballos no curruncho de Toc-Toc a Ciencia:
E, por último, imos dando os primeiros pasos nos proxectos de Bibliotecas solidarias e creativas, que non sabemos moi ben aínda onde nos poden levar: o voluntariado levou o contacto interxeracional ao Colexio Xesús Golmar e fixo as súas primeiras colaboracións na xestión da biblioteca e o alumnado de artes interveu creativamente no mobiliario; puxemos tamén a probas algún que outro xogo manipulativo, para ver ate onde se pode chegar con eles na biblioteca.

















Ningún comentario:
Publicar un comentario