06 abril, 2022

Campións olímpicos (do saber)

A nosa Olimpíada do Saber 2022 xa ten gañadores. Os 11 equipos inscritos indagaron, preguntaron, leron... e aprenderon xogando. Aínda que só tres subirán ao podio dos campións, desde a Marela felicitamos a todos e todas os que participaron polos seus resultados e a competición que demostraron nestas catro semanas.


Na imaxe do noso fotógrafo Carlos Míguez podedes ver os campións co seu regalo de ouro e coroados de loureiro. Á súa dereita o bronce e as pratas.



1 comentario:

Mercedes dixo...

Moitos parabéns!Seredes sempre un alumnado brillante. Unha aperta.