Esta Marela (a de papel, a orixinal e xenuína) tiña -e seguirá tendo- unha débeda con Carlos Negro (descargádea en PDF e saberedes a razón).
Textos de Makinaria e Penúltimas tendencias acompáñanse de breves suxestións de lectura e ilustracións interpretativas de Cristina Ares, Alba Peiteado e Bryan Trejos.
Malia se estar cocendo unha "segunda edición" aumentada, podedes ir mirando a primeira.
E non esquezades o magnífico traballo de Rosa Salgueiro (esa si que é unha guía de lectura!).
Graciñas Carlos, graciñas Rosa.
[Unha recente e aquelada entrevista de Emilio Xosé Ínsua a Carlos]
Deixarámolo aquí, nun hexaedriño de nada:
Agora métenlle unhas varas amarelas (á Marela non lle gustan as varas; e menos con aguillón)...
... ou verdes (as verdes mancaban máis).
As verdes van antes, pero puxéronas despois...
Pois eles saberán...
Saben. O amarelo vén sendo un dodecaedro e o verde un icosaedro...
En total, un omnipoliedro (tamén lle aquecería pentapoliedro, digo eu), no que temos todos os poliedros regulares que hai.
A concoespiral desconcoespiralizouse, pero -misterios xeométricos á parte- velaí a tedes tan rufa, ela:
[Cara e cruz]
-[1]Todos estes libros! [2] A ti non che gustaría ler algún destes libros de cando en vez?
-Pois non, eu prefiro a tele.
- [3] Eu miro esta libraría e digo para min: aquí, hai unha aventura de piratas, alí, crónicas militares, e acolá, unha investigación policial.
- [4] Ah, si? Eu digo para min: aquí un piñeiro morto, alí un alerce morto, e acolá, un abeto vermello, morto. [5] E todo moi ben colocadiño sobre un carballo morto. [6] Non, de verdade que eu prefiro a tele.
de Marine Blandin en CO2: Le quotidien des plantes d’appartement, en Grand papier.
Esta é a vixésima entrada de Literiatura. Ao iniciar esta idea pretendiamos, por unha banda, presentar diversas páxinas de cadriños que consideramos interesantes, e por outra, mostralas a través do tema do libro e a lectura, motivo central (si!) dunha biblioteca escolar.
Para celebrar este 20º aniversario(?), escollemos o formidable banquete de BD en liña que nos proporciona Gran papier e, dentro del, unha auténtica esquisitez,unha delicatessen: CO2: Le quotidien des plantes d'appartement.
A serie de Marine Blandin supera as cincuenta entregas. Cada entrega -seis cadriños- é de lectura independente, pero a personalidade, o caracter e a complicidade de cada planta (as personaxes son plantas parlantes) vaise perfilando ao longo de todas elas. Por iso, a perspectiva do conxunto permítenos facer unha lectura máis rica de cada parte. A viñeta de arriba, seguramente se entenderá mellor á luz (nunca mellor dito) desta:
-
Que hai dentro do tetraedro branco?
(Un octaedro! Si! Conseguín velo! Claro, un octaedro. Levoume un día)
Que é iso azul?
Un hexaedro? Un hexaedro, si.