18 novembro, 2015

A relatividade xeral desde Fontexería

Unha das mellores expresións de PLAMBE é a xenerosidade coa que a xente distribúe materiais para compartir. A mellor maneira de agradecelo é empregar eses materiais.

Hai días os compañeiros do Fontexería ofrecíannos o seu traballo. Pois ben, aquí o tedes, na nosa bufarra.



Como vedes, arrimámoslle unha pequena selección vídeo-bibliográfica, un cadro co que nos agasallou Míra Szabotin (alumna de ELTE Apáczai Csere János Gyakorlógimnázium, de Budapest) e os quadrinhos de Um sábado qualquer dedicados polo brasileiro Carlos Rúas a Don Albert.


 
O Einstein do Rúas non é cousa de perder.

Literiatura [34] : Clara Gomes (II)

Dor da existência
[Novos soportes]


de Clara Gomes en Bichinhos de jardim: historinhas mequetrefes.

13 novembro, 2015

Un universo de luz

Xa comentamos onte que as actividades asociadas ao Ano internacional da luz chegan á súa fin.

Como remate, descargamos e imprimimos os paneis da exposición Un universo de luz, realizada polo CSIC, con apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).


O alumnado de PMAR elaborou un xeitoso cuestionario, para axudar aos de 1º e 2º da ESO a seguir a exposición.

Ciscamos unha escolma de poemas, coa luz como tema. Algúns acollidos polo omnipoliedro.


Aproveitamos a oportunidade, para facer unha pequena mostrar de libros de fotografía, escollidos entre os nosos fondos.

E non quixemos esquecer que este tamén era o Ano  internacional dos solos e, malia non lle prestarmos a atención que quixeramos, tratamos de lembralo imprimindo a BD Vivir no solo (preme para descargala en PDF) de Marilar Aleixandre e o Estudio Tangaraño. Con ela, forramos unha columna ben á vista.

12 novembro, 2015

Ano internacional da luz. 3 poemas

O omnipoliedro serviunos de soporte de poemas na última exposición asociada ao Ano Internacional da Luz e, neste caso, ao Día da Ciencia en galego.


Deses poemas, escolmamos tres, que nos tocan moi cerca.

Este é de Erín Moure, en Teatriños ou aturuxos calados .


En Botos chamámoslle apagóns e eu tamén in
     my latín.
Apagóns recórdannos que somos cavernas solitarias
A guitarra do noso tellado cambiou
por un clarinete talvez

Porque o vento inventa instrumentos onde desexar
Desexar é aquí un factor non só humano

A auga corre polas chaloupas únicas das herbas
Millóns de herbas
En copas de follas logo atropelando
                      ailalalá ai ai la lai la la la ai la
As contras enteiras molladas
Misterios enteiros contaxio cristal
ligaduras ausentes
A escuridade en todas partes auga

Aquí agardo pola light de Fenosa talvez

Lonxe de min




Este de Carlos Negro en Héleris:


Déixome caer ante o xuízo dos espellos.

Eu debo ser esa cara macerada en suor,
reflexo azul baixo a luz dos focos fluorescentes.

E visto as varices que non gastan as princesas.

 

Este de Celso Fernández Sanmartín, naquel libro que non levaba título (ou si?):


 facía unha calor de moita chispa para ser de noite

por iso abriron a ventá da cociña

destaparon unha lata de mexillóns e coméronos todos sen pan
picándoos cun pauciño
nisto que se foi a luz e na mesma salsa do escabeche dos mexillóns reflexouse a lúa