24 febreiro, 2017

Exilio e deportación

Desde o pasado día 13 está exposta no vestíbulo do instituto a exposición de Heladio Anxo Fernández Manso Exilio e deportación, a mesma poderá contemplarse até o Entroido.
"Joaquín Balboa, un dos informantes, foi un deses galegos antifascistas aos que lle tocou sufrir dobremente. Logo de vivir unha cruenta Guerra Civil e a represión franquista, fuxiu a Francia, onde tamén foi apresado polos nazis e acabou nun dos peores campos de concentración da época, o de Mauthausen, onde morreron centos de republicanos". Esta cita podedes lela e ampliala premendo aquí.



Ao fío de dita exoposición contamos tamén coa presenza de Antonio Miguez Macho, quen desenvolveu ante alumnas e alumnos de 1º de bacharelato o tema Historia e memoria dos xenocidios. 


21 febreiro, 2017

Jiro Taniguchi, in memoriam

O pasado 11 de febreiro recibimos a mala nova do pasamento de Jiro Taniguchi, famoso autor xaponés, considerado como o poeta do manga. De estilo realista, trazo fino e moi perfectista, serviu de ponte entre o manga e a banda deseñada occidental.
Se queredes saber máis sobre algúns dos seus cómics podedes visitar a Marela BD.

Como homenaxe a biblioteca habilitou unha mostra cos fondos dispoñibles. 

 A foto é de Carlos Míguez