Velaquí o está. Realizado por Noel Queipo, coa voz de Malores Villanueva e coa música de Antonio Vivaldi (A Primavera, tu! Que ben se implicou este italiano!) é o primeiro "mil primaveras" de Prolingua. Gústanos ver ao Suso de Laro (unha toupa con moito aquel) abrir o vídeo desde Ribadeo (ten ou non ten aire de Clint?), pero máis nos gusta ver os nosos, aí no 2:45.
O títular desta noticia podería servir para mostrar algúns trucos do xornalismo: o xogo entre o que o lector espera cando acode ao reclamo da letra grande e o que realmete se conta no corpo. Non hai mentira, pero non ten que haber verdade.
Como xa comentamos aí atrás, varias das ligazóns a documentos relacionados con diversas actividades fóronse perdendo e estamos tratando de recuperalos pouco e pouco.
Un deles (que moito estimamos) é o informe realizado polo alumnado de 3º de BUP do curso 1978-79, sobre as eleccións municipais de 1979. Fora elaborado co propósito de recadar cartos (a 25 ptas., o exemplar) para a excursión e publicitábase coa idea de “informar... ya que algún periódico publicó los resultados equivocados”.
O alumnado de terceiro lamentaba a alta abstención (o 56%), pero non advertía da ausencia total de mulleres naquela primeira corporación democrática...
No ano internacional da luz non podía faltar a cámara escura.
A experiencia realizouse nas aulas de 1º de ESO, baixo a dirección do Departamento de Debuxo e de Xulia Ferradás (alumna de máster de profesorado) e co apoio do alumnado de 1º BAC de Artes.