01 xuño, 2009

C@nt@s c@nt@s: Pablo Carpintero

O próximo 23 rematamos (por este ano) o ciclo C@nt@s c@nt@s cun concerto didáctico dun dos nosos grandes musicólogos: Pablo Carpintero Arias, investigador, intérprete e divulgador, comezou dun xeito autodidacta e xa se converteu nun dos mellores gaiteiros galegos “coma os de antes”.

Este doutor en bioloxía, en paralelo cos seus distintos traballos, dedicou xa máis da metade da súa vida a recuperar a tradición musical e os instrumentos tradicionais do país. Unha das diferenzas máis notable fronte a outros investigadores das tradicións é a súa teima divulgativa. Todo o seu traballo persoal, que son miles de horas pasadas nas estradas do país de aldea en aldea e de informador en informador, vai saíndo pouco a pouco á luz a través das gravacións, concertos didácticos, charlas e publicacións, coa finalidade de dála a coñecer e de preservala. [Moncho Faílde]

Ningún comentario: