29 abril, 2016

Sketchs teatrais: Primeiro premio no III Concurso literario Mª Vitoria Taboada

David Núñez Ouzande





Un tesouro, quizais?

[Era unha mañá de verán cando, meus pais e eu, nos metemos no coche camiño dun día familiar na praia. Cando chegamos á praia aquilo parecía todo moi tranquilo. Tiñamos a praia case para nós]
Mamá: Nena!! Bota crema! Que co sol que fai hoxe, logo te vas queimar.
Eu: Mamá, ao que bote a crema, podemos ir dar un paseo pola praia?
(Xa paseando)
Eu: Mamá! Mira aquela parella que ben o pasa na auga.
Papá: Noa, queres que nos peguemos un bo chapuzón?
Eu: Si!! Que teño moitas ganas de poder ver os peixiños no fondo do mar.
Mamá: Pero con coidadiño, eh… Que non te teñamos que ir buscar alá ao fondo!
Eu: Está ben…
(Máis tarde, cando xa toda a familia estaba sentada a tomar o sol.)
Eu: Mira mamá, é a mesma parella de antes, e segue no mesmo sitio. Cres que lles pasaría algo?
Mamá: Parece que andan a buscar algo, non?
Papá: Imos preguntarlles se precisan axuda.
(Falando coa parella)
Papá: Ola, boas tardes. Ocórrevos algo?
Mamá: E que xa pasamos hai unha hora por aquí e estabades no mesmo lugar e, e agora deunos a sensación de que andabades na procura de algo, e parecedes preocupados.
Manuel: (O home da parella que estaba a buscar algo). Si… é que non atopamos... esa cousa…
Papá : Queredes que vos axudemos a buscar?
Luísa: (A muller da parella) A verdade é que non queriamos molestar a ninguén con esta parvada (Sorrindo moi nerviosa).
Mamá: De verdade, que para nós, non é unha molestia axudarvos. Que andades a buscar?
Luísa: É un pouco complicado de explicar…, poderíase dicir que nin nós mesmos o sabemos... (Rindo).
Papá: Ben, pois comezaremos, a ver se damos atopamos algo entre tanta alga (Sorrindo).
(Todos comezaron a buscar pola area e a remexer na auga do mar).
Mamá: Eu non atopo nada… e menos sen saber o que ando a buscar.
Manuel: Está ben, non vos preocupedes… arranxámonos nós… moitas grazas de todos os xeitos.
Papá: De verdade, sentímolo moito. Gustaríanos tervos axudado.
(A familia marcha cara a un posto de bebidas na beira da praia, mentres a parella segue na súa procura.)
Papá: Non vos pareceu un pouco raro que non saiban o que andan a buscar?
Mamá: A verdade, que un pouco si, eu xa os notei un pouco nerviosos cando nos achegamos a eles.
Eu: Vós sempre a pensar mal da xente... Se cadra é que lles deu vergoña que nós lles axudásemos.
Mamá: Como che vai dar vergoña que alguén che axude a atopar algo que perdes?
Papá: Noa, non digas parvadas, neses casos o que deberías é estar agradecido de que che boten unha man para atopalo, digo eu…
Noa: A xente tamén ten dereito a non fiarse dos descoñecidos, pode ser que o que eles busquen sexa algo moi persoal. Podo ir onda eles?
Mamá: Fai como vexas, pero logo imos marchar.
(A parella seguía a buscar na auga, cando Noa se acercou a eles.)
Noa: Ola de novo (Dicindo timidamente). Vós que é o que pensades que puidestes perder?
Manuel: Non sei… Sabemos que nos falta algo, pero non che saberiamos dicir...
(Nese mesmo momento Noa dáse conta de que hai algo que esta flotando un pouco máis lonxe de onde se atopaba a parella.)
Noa: Mirade aquilo que está aló, non podería ser o que perdestes?
(Cando a parella se decatou de que efectivamente aquilo era o que eles andaban a procurar, pensaron se ir por el ou esperar a que a rapariga marchase.)
Noa: Védelo?
Manuel: Si... Pero penso que non é iso.
(Noa dirixiuse a recoller aquela cousa que flotaba no medio do mar alá ao lonxe. Cando chegou alí, decatouse do que era, e entendeu por que aquela parella, sabía perfectamente o que perdera, pero non o quería dicir.)
Noa: Tomade, aquí tedes.
Manuel: Moitísimas  grazas, sentimos as molestias.
Luísa: De verdade sentímolo, e que nos daba vergoña dicirvos que... eu emprego unha dentadura postiza, debido a un accidente que tiven. Á miña idade non é o mais común…
(Cando Noa volveu xunto a seus pais tomou a decisión de non contarlles nada. Xa que a parella pasara vergoña, gardaríao como un segredo.)
CAE O PANO

 Parabéns, David

Ningún comentario: