26 outubro, 2017

28-O: Día mundial da animación 2017. Suxestións






O 28 de outubro de 2017 fanse 125 anos da primeira exhibición de imaxes animadas. Aquel día e ata febreiro de 2018, Emile Reynaud presentou co seu teatro óptico a obra Pauvre Pierrot! no  Museu Grevin de Paris.


Desde o 2002, lembrando tal evento, celébrase o día internacional da animación. Para o conmemorarmos, pedímoslle a Seve que nos seleccionase unhas curtas. Agasallounos coas dez propostas seguintes, repartidas en dúas sesións que collen en 50 m.

SESIÓN 1:

 SESIÓN 2:

  • Corp, Pablo Polledri, Arxentina, 2016. 9’. Técnica: 2D CGI. Trailer (Vimeo).
  • Cavalls morts, Marc Riba e Anna Solanas, España. 6’. Técnica: Monicreques. Trailer (Vimeo)
  • To build a fire, FX Goby, Francia, 2017.13’. Técnica: 2D/3D CGI. Trailer (Vimeo).
  • Yin, Nicolas Fong, Bélxica, 2017. 10’. Técnica: 2D CGI. Trailer (Vimeo).
  • Big Booom, Marat Narimanov, Rusia, 2016. 4’. Técnica: Plastilina. Trailer (YouTube).

Ademais na sección paralela serán proxectadas, a partir do 27 e durante a semana do 30 de outubro ao 3 de novembro na bufarra do vestíbulo, as seguintes curtas:

Venres 27:

  • Pour une poignee de girolles (2016), de Julien Grande (Bélxica)

Semana 30-O / 3-N:

  • The Edge (2016), de Alexandra Averyanova (Rusia)
  • Valley of White Birds (2017), de Cloud Yan (China)
  • Au revoir Balthazar (2016); de Rafael Sommerhalder (Suíza)
  • Le promeneur (2016); de Thibault Chollet (Francia)
  • And the Moon Stands Still (2017), de Yulia Ruditskaya (Bielorrusia-Alemaña).



Ningún comentario: