En praza.gal batemos coa seguinte información: "Estamos afeitas a que as historias de banda deseñada teñan lugar nas grandes cidades (Nova York, Metrópole, Gotham, Toquio...), semella que alí todo é posíbel e calquera cousa pode pasar. Pero non pensa o mesmo Isabel Terol, de alcume Isakytm, finalista do Webtoon Contest 2018, que escolleu Lalín como escenario do seu webcomic de estilo manga..." O feito non deixa de nos sorprender e, sobre todo, cando a autora recoñece que o IES Aller Ulloa lle serviu de perfecto escenario, malia se queixar de carecer de fotos do seu interior. Aspecto este que estamos dispostos a emendar. Con todo, vemos nunha viñeta do Episodio 12 perfectamente retratada a entrada ao instituto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario