23 marzo, 2020

Prorrogado o VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada

Dada a situación de confinamento por mor do COVID-19. o IES Ramón Mª Aller Ulloa acorda prorrogar ata o 30 de abril o prazo de admisión de traballos a presentar ao VII Concurso Literario Mª Vitoria Taboada de poesía, relato curto e sketch teatral, dirixido ao alumnado de ensino secundario, ciclos formativos de grao medio e FPB matriculados en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Animádevos a participar como un momento de lecer creativo no ámbito da corentena.
Preme no cartel para ler as bases da convocatoria.



https://issuu.com/marelatarabela/docs/concurso_vitoria_convocatoria_2020_bases

Tamén podes baixar as bases en PDF

Ningún comentario: